Galego / Castellano
Se tes entre 18 e 30 anos, remataches os estudios universitarios ou de FP superior en Galicia e queres acceder ao mundo laboral esta é a túa oportunidade.
Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas para facer de nexo de unión entre o mundo académico e o mundo laboral.
Contarás en todo momento co acompañamento do noso equipo técnico de profesionais expertos en prospección e orientación para o emprego e cunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecerán asesoramento e apoio aos seus mentorizados.
Preto de
Un equipo de
e outro
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014- 2020, no eixe prioritario 1B, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.