Tes vocación de
mentor ou mentora?

Que?

Transmitir coñecemento, apoiar, aconsellar, compartir a propia experiencia, escoitar, solucionar dúbidas… Achegar luz.

Hai algo máis bonito que ser mentor ou mentora?

Xuventude Méntoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas con titulación universitaria ou de formación profesional, co obxectivo de favorecer a súa transición á vida laboral.

Coa túa achega como persoa mentora esperamos que as persoas mozas participantes clarexen o seu obxectivo profesional, reforcen a súa autoestima e perfil, aumenten a súa rede de contactos e melloren, así, as súas expectativas na busca de emprego.

Como?

  • Partindo da túa experiencia poderás axudar a mellorar aos mozos e mozas nas súas competencias para o emprego e o seu enfoque de desenvolvemento profesional, asesorándoas en relación ao mellor xeito de acadar a súa inserción laboral, xa sexa por conta allea ou propia.
  • Sendo unha persoa profesional, con preparación e experiencia no teu sector e do mercado laboral actual, e con certo tempo para este labor de mentoría.
  • Mantendo aproximadamente 3 reunións con cada persoa moza á que apoies de maneira presencial ou virtual, e todo coordinado co equipo técnico do programa.
  • O labor de mentoría é voluntario. En todo caso, a organización do programa poderá compensar ás persoas mentoras os gastos de desprazamento que poidan derivar do seu labor, de habelos.

Amplía información na seguinte Guía ou escribíndonos a mentoring@cixug.gal.

Cando?

  • Súmate ao noso equipo de persoas mentoras xa mesmo!

    Só tes que completar este breve formulario e o noso equipo contactará contigo.  

Formulario de Inscrición

Programa cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nunha porcentaxe do 60 %, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Especificar, se procede, o nome da empresa ou entidade colaboradora

Datos persoais

Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.
Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.

Os nosos mentores/as