O Progama

Que?

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Por que?

Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao, mestrado, doutoramento ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Como?

A través das seguintes accións:

  • Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
  • Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
  • Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
  • Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Para?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.

Cando?

  • As convocatorias para participar nas sucesivas edicións de Xuventude Mentoring publicaranse nesta web, xeralmente nos meses de outubro e marzo.

  • Unha vez admitido/a no programa as diferentes accións desenvolveranse nun período aproximado de 3 a 4 meses.

Podes consultar ou inscribirte