Formación presencial na cidade de A Coruña que abordará aspectos básicos da comunicación que poden influír na posta en valor do perfil profesional das persoas participantes. Trátase dunha sesión cunha metodoloxía activa e participativa, que busca unha aprendizaxe o máis práctica e significativa posible.
A sesión estará impartida por Alba Formoso, Fundadora de TALKK Escuela de Oratoria e Debate, unha escola especializada en comunicación, oratoria e debate, dedicada a formar no arte de transmitir, e contará cos seguintes elementos:
- Poñente: coñecerse para comunicar mellor.
- Audiencia: a protagonista do acto comunicativo.
- Temática: organizar as nosas intervencións para chegar mellor.
*ascensor da esquerda
*Nota: Para acceder ao centro subir polo ascensor da esquerda