Formación presencial na cidade de Vigo que abordará aspectos básicos da comunicación que poden influír na posta en valor do perfil profesional das persoas participantes. Trátase dunha sesión cunha metodoloxía activa e participativa, que busca unha aprendizaxe o máis práctica e significativa posible.
A sesión estará impartida por Alba Formoso, Fundadora de TALKK Escuela de Oratoria e Debate, unha escola especializada en comunicación, oratoria e debate, dedicada a formar no arte de transmitir, e contará cos seguintes elementos:
- Poñente: coñecerse para comunicar mellor.
- Audiencia: a protagonista do acto comunicativo.
- Temática: organizar as nosas intervencións para chegar mellor.