¿Por que emprender?
Emprender hoxe en día, ademais de impulsar un negocio tamén é aproveitar as oportunidades do mercado laboral para posicionarse como un profesional de prestixio e desenvolver proxectos individuais cun amplo grupo de clientes. Ademais, é preciso entender o concepto de emprender tamén como pór en marcha aquelas outras iniciativas empresariais e laborais que permiten a recentemente egresados establecer o seu propio negocio (bufete, consulta, axencia) por conta propia.
Con este escenario surxe a necesidade de formar aos profesionais do futuro nesta materia, con isto, vai a realizarse unha actividade en formato dual impartida por Rodrigo Cerviño Rodríguez que estará dividida en dúas sesións, unha primeira en formato de teleformación cunha duración de 2 horas na que presentar de forma máis teórica o emprendemento e o autoemprego e unha segunda sesión presencial dunhas 4 horas, na que levar a práctica a teoría adquirida na primeira sesión (esta sesión).
Os obxectivos desta actividade son:
- Coñecer o significado de emprendemento.
- Coñecer os factores fundamentais a analizar para emprender.
- Coñecer un proceso estruturado, paso a paso, que permita evolucionar unha simple idea a unha idea de negocio empresarial.
- Coñecer os pasos e trámites necesarios para poñerse en marcha.
Con estas premisas, nesta primeira sesión, Rodrigo Cerviño vai a presentarlle aos participantes o seguinte programa:
- Tipoloxía de sociedades
- Introdución aos trámites administrativos básicos: alta na Seguridade Social e na Axencia Tributaria.
- Plan de negocio: concepto e breve descrición
- Erros e acertos habituais á hora de emprender