Visita á Radio Galega, situada nos estudios centrais da Corporación Radio e Televisión de Galicia, en Santiago de Compostela.
A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) é o servizo público de comunicación da comunidade galega. A Corporación desenvolve o seu labor desde medios televisivos, radiofónicos e dixitais, completando a maior oferta informativa e de entretemento audiovisual existente en lingua galega.
A Radio Galega iniciou as súas emisións en probas o domingo 24 de febreiro de 1985, día do aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro, e a programación regular comezaría o 29 de marzo dese mesmo ano. Desde entón a Radio Galega emite as 24 horas do día ininterrompidamente en lingua galega. A súa programación abrangue todos os aspectos da sociedade. Así, informativos, magazins, deportes, cultura, música, programas especiais e emigración conforman espazos que permiten ao oínte estar ao día da actualidade de Galicia, de España e do mundo. Este ano, celebra o seu 40 aniversario.
A visita consta do seguinte programa
- 10:30 a 11:00 Chegada as instalación, acreditación e recepción
- 11:00 a 12:00 Asistencia en directo ao programa "Galicia por diante" de Isabel Pichel que contará coa participación dun artista e humorista
- 12:00 a 13:30 Visita as instalacións da Radio Galega e networking