Formación presencial en Vigo, que abordará aspectos básicos da comunicación que poden influír na posta en valor do perfil profesional das persoas participantes.
Trátase dunha sesión cunha metodoloxía activa e participativa, que busca unha aprendizaxe o máis práctica e significativa posible.
A formación estará impartida por Alba Formoso, Fundadora de TALKK Escuela de Oratoria e Debate, unha escola especializada en comunicación, oratoria e debate, dedicada a formar no arte de transmitir. A sesión contará co seguinte programa:
1. Coñecer como funciona a comunicación: autocoñecemento axustado.
Relator (Ethos)
- Poder do pensamento.
- Feedback + caderno relator.
- Dinámicas para comezar.
Audiencia (Pathos)
- Cerebro do oínte.
- Xestión de percepción.
Temática (Logos)
- Antes: 7 preguntas poderosas.
- Durante: regra do 3, argumentar con Modelo ARE, estruturar un discurso.
- Despois: Impacto da comunicación e posta en escena.
2. Feedback comunicativo: en que debo fixarme cando lidero unha situación comunicativa.
- Estrutura
- Contido
- Comunicación non verbal
- Actitude
3. Dinámicas para traballar a nosa comunicación: practicar para mellorar e tomar conciencia.
- Dinámicas de relatora
- Dinámicas de audiencia
- Dinámicas de temática