Formación presencial en Santiago de Compostela, que abordará aspectos básicos da comunicación que poden influír na posta en valor do perfil profesional das persoas participantes.
Trátase dunha sesión cunha metodoloxía activa e participativa, que busca unha aprendizaxe o máis práctica e significativa posible.
A formación estará impartida por Alba Formoso, Fundadora de TALKK Escuela de Oratoria e Debate, unha escola especializada en comunicación, oratoria e debate, dedicada a formar no arte de transmitir. A sesión contará co seguinte programa:
1. Coñecer como funciona a comunicación: autocoñecemento axustado.
Relator (Ethos)
- Poder do pensamento.
- Feedback + caderno relator.
- Dinámicas para comezar.
Audiencia (Pathos)
- Cerebro do oínte.
- Xestión de percepción.
Temática (Logos)
- Antes: 7 preguntas poderosas.
- Durante: regra do 3, argumentar con Modelo ARE, estruturar un discurso.
- Despois: Impacto da comunicación e posta en escena.
2. Feedback comunicativo: en que debo fixarme cando lidero unha situación comunicativa.
- Estrutura
- Contido
- Comunicación non verbal
- Actitude
3. Dinámicas para traballar a nosa comunicación: practicar para mellorar e tomar conciencia.
- Dinámicas de relatora
- Dinámicas de audiencia
- Dinámicas de temática