FV25-06339
7ma Edición
O Terceiro Sector de Acción Social en Galicia

Formación telemática

Duración e prazas

Duración estimada

1.5 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

09/07/2025

Hora de inicio

10:00

Data de culminación

09/07/2025

Hora de culminación

11:30

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

08/07/2025 11:59 PM

Enlace de interese

https://eapn-galicia.com/es/

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Formación impartida por EAPN Galicia, Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, e algunhas das súas entidades membro, que traballan con distintos grupos sociais en risco ou situación de pobreza ou exclusión social.

EAPN Galicia, é unha federación que agrupa a 36 organizacións do Terceiro Sector Social galego, implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade social e de xénero, sendo a maior rede de entidades sociais de Galicia.

Ao longo dunha hora e media, o alumnado poderá coñecer de primeira man que é o Terceiro Sector de Acción Social, cal é o seu papel na defensa dos dereitos e a inclusión social, e que tipo de entidades o conforman. Tamén se explicará que é EAPN Galicia, como traballa e cales son as súas liñas de acción. A través das experiencias das entidades participantes, mostrarase a realidade diaria do traballo no Terceiro Sector, os perfís profesionais máis demandados, competencias requeridas, e as oportunidades de colaboración e emprego que ofrece este ámbito.

En concreto, os ponentes que participarán serán:

  • Nerea Rivero, responsable de investigación e incidencia vivenda e xénero en EAPN Galicia
  • Xosé Cuns, director de EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social
  • Antía Rivera, técnica de proxectos na Fundación Esplai
  • Javier Hermida, coordinación da Federación Alzheimer de Galicia (FAGAL)
  • Verónica Rivadulla, directora da Fundación Meniños

A sesión será dinámica, combinando explicacións, exemplos prácticos e espazos para preguntas e interacción co alumnado, e contará co seguinte programa:

  1. Que é o Terceiro Sector de Acción Social (TSAS).
  2. EAPN Galicia: quen somos e que facemos.
  3. Oportunidades profesionais no TSAS.
  4. Intervención das entidades membro: experiencia práctica e perfís profesionais.

Obxectivos da formación:

  1. Dar a coñecer que é o Terceiro Sector de Acción Social, as súas funcións, principios e papel fundamental na defensa dos dereitos e na loita contra a exclusión social.
  2. Visibilizar o labor de EAPN Galicia e as súas entidades membro.
  3. Explorar as oportunidades profesionais que ofrece o Terceiro Sector, dando a coñecer os perfís máis demandados e as competencias necesarias para traballar neste ámbito.

Indicar a súa intención de participar no evento