Formación práctica de catro horas de duración, dividida en dúas sesións de dúsa horas cada unha, impartida por Fátima Rodríguez Delgado, executiva de contas en Avante, sobre como crear un porfolio profesional atractivo e coherente, adaptado ao perfil, obxectivos e sector de cada persoa participante.
En dita formación analizaranse diferentes formatos (PDF, web, redes sociais, etc.) e revisaránse exemplos reais de porfolios de profesionais de distintos sectores. Ademais, traballarase conxuntamente en estratexias para definir contidos, seleccionar proxectos ou experiencias relevantes e construír casos prácticos que reforcen a proposta de valor individual.
Vai a ser un espazo para reflexionar sobre o estilo propio, reforzar a identidade profesional e poñer en valor as capacidades e o talento de cada participante. Onde primará:
- Comprender a función e os elementos clave dun portfolio profesional.
- Coñecer distintos formatos e soportes segundo o perfil e o sector.
- Identificar e seleccionar contidos relevantes para incluír.
- Inspirarse con exemplos reais de portfolios profesionais.
- Desenvolver ideas de casos prácticos propios para incorporar.
- Potenciar a proposta de valor e a identidade profesional de cada participante.
- Obter pautas prácticas para iniciar ou mellorar o portfolio persoal.
Durante esta primeira sesión, a formación irá dirixida a "entender e inspirarse", a través do seguinte programa:
- Que é un portfolio e para que serve.
- Formatos posibles: do PDF á web, pasando por redes como LinkedIn ou Behance.
- Exemplos reais comentados: que funciona e por que.
- Ferramentas e recursos útiles para crear un portfolio.
- Como identificar contidos propios interesantes.
- Estratexias para transformar experiencias en casos ou proxectos.
- Guía para estruturar un portfolio coherente.