EN25-07122
Interedicións
Encontro Xuventude na Onda

Encontros e congresos

Duración e prazas

Duración estimada

12 horas

Prazas dispoñibles

500

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

28/11/2025

Hora de inicio

09:30

Data de culminación

28/11/2025

Hora de culminación

21:15

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

26/11/2025 11:59 PM

Enlace de interese

https://xuventudenaonda.es/#

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

O Xuventude na Onda é un encontro de dous días de duración, que busca xerar un espazo de inspiración, aprendizaxe e colaboración entre a mocidade, mentores, mentorizados,institucións académicas e o ecosistema innovador galego.

As xornadas teñen como obxectivo principal promover a conexión entre o talento xove e os sectores da innovación, ciencia e empresa, favorecendo a creación de sinerxias e novas oportunidades de colaboración.

A través de este encontro buscamos:

  • Inspirar á mocidade participante a desenvolver proxectos emprendedores.
  • Visibilizar boas prácticas e experiencias de éxito xurdidas do ámbito universitario galego.
  • Promover a colaboración interinstitucionalentre universidade, administración pública e sector privado.

O venres 28 de novembro, terá lugar o primeiro do día do encontro, contando có seguinte programa:

Zona 1

9:30 Recepción, benvida e recollida de acreditacións

10:00 Ponencia Inaugural: Como coñecín a miña empresa o outro show de Touriñán .- Xosé A. Touriñan

  • Coa retranca como ferramenta e o humor como motor, Touriñán convida ao público a descubrir o lado máis humano —e divertido— do emprendemento. Nesta charla, comparte a súa traxectoria profesional, desde os primeiros escenarios ata a creación de proxectos audiovisuais que se converteron en referentes en Galicia.
    A ponencia propón unha reflexión fresca e inspiradora sobre o que significa emprender no ámbito creativo: asumir riscos, aprender dos erros, traballar en equipo e, sobre todo, manter o humor cando as cousas non saen como se esperaba. Con exemplos reais, anécdotas e moita complicidade co público, Touriñán amosa que rir tamén é unha forma de innovar, de conectar e de construír futuro.

10:45 Café networking

11:15  Mesa Redonda: Breaking lab: A ciencia fora de guión .- Pablo Álvarez, Karen Vilela Góñez, Julio Martínez Rumbo, Uxía Fernández e Iria Varela

  • Neste faladoiro analizaremos o papel das universidades galegas como motor de innovación, transferencia de coñecemento e fomento do emprendemento entre a mocidade, así como o impacto da ciencia aplicada na creación de novas
    oportunidades profesionais.

12:15 Mesa Diálogo Empresa-Universidade: A liga dos profesionais extraordinarios, da aprendizaxe ao impacto .-  Andrés Fernández, Esther Gómez, Josiño Pérez, María José Lombardia

  • Esta mesa de diálogo reúne a representantes de empresas galegas e das universidades de Galicia para reflexionar conxuntamente sobre os retos e oportunidades na conexión entre o mundo académico e o tecido produtivo. A conversa abordará cuestións clave como a adaptación da formación ás novas demandas laborais e a necesidade de fortalecer as sinergias entre investigación, talento e mercado. O obxectivo é abrir un espazo de encontro e debate que permita identificar puntos de coincidencia, detectar necesidades reais e avanzar cara a unha alianza estratéxica entre universidade e empresa, esencial para o desenvolvemento sostible e competitivo de Galicia.

13:15 Ponencia: Cando fas cousas, pasan cousas .- Javier Cebreiros

  • A través de explicar as bases de algo superior á motivación (o sentido) compartirá unha forma de entender a comunicación basada na autenticidade e o exemplo como elementos diferenciais. De forma amena e con base científica, compártense ideas de liderado, vocación e futuro, así como da capacidade social das persoas para impactar no seu entorno. Unha conferencia animada, con ideas e retos para potenciar a capacidade da xente de actuar para obter mellores resultados personais e profesionais.

14:15 Cóctel

16:00 Taller: IA Confidencial, Descubrindo os segredos da intelexincia artificial .- Carmen López e Andrés Piñeiro

  • O taller ofrece unha visión rigorosa pero accesible sobre como a IA está a transformar sectores tan diversos como a educación, a comunicación, o deseño ou a xestión de datos. A través dunha metodoloxía participativa, os asistentes poderán comprender as bases técnicas e éticas da intelixencia artificial, analizar o seu impacto na sociedade e experimentar con ferramentas reais que amosan o seu potencial creativo e produtivo.

16:45 Taller: Falar Wars, O lado luminoso da palabra .- Alba Ramos

  • A comunicación é unha das competencias máis valiosas no ámbito profesional e persoal. Saber transmitir ideas con claridade, seguridade e emoción pode marcar a diferenza á hora de presentar un proxecto, liderar un equipo ou afrontar unha entrevista de traballo. Neste obradoiro práctico, compartirá técnicas e recursos para mellorar as habilidades de oratoria e expresión verbal, adaptadas ás necesidades da mocidade universitaria e emprendedora. A sesión combinará exercicios dinámicos, ferramentas de autocoñecemento e consellos para fortalecer a presenza e a confianza ante o público.

17:30 Taller: Pero que merda é isto? .- El barroquista

  • Provocar, cuestionar, facer pensar. Esa é a esencia da arte contemporánea, e tamén o punto de partida deste obradoiro singular conducido por El Barroquista, unha das voces máis influentes na divulgación cultural en España. Baixo o título deliberadamente provocador, esta sesión convida ás persoas participantes a revisar os prexuízos e romper coas ideas preconcibidas sobre o arte actual, explorando o seu valor social, político e emocional. Con humor, rigor e espírito crítico, El Barroquista demostrará que a arte non é algo distante nin elitista, senón unha ferramenta viva para comprender e transformar o mundo.

18:30 Monólogo .- David Perdomo

  • Perdomo subirá ao escenario coa súa característica mirada irreverente e o seu humor afiado, ofrecendo unha experiencia única de comedia que combina ironía, observación social e espontaneidade. O seu monólogo aborda situacións do día a día con perspectiva crítica, facendo rir ao público ao tempo que invita a reflexionar sobre temas actuais e cotidianos.

20:00 Concerto .- Gabriel Fandi

  • O talento galego tamén ten voz propia, e unha das máis prometedoras é sen dúbida a de Gabriel Fandi, artista emerxente que combina sensibilidade, frescura e autenticidade nas súas creacións musicais. No seu concerto presentará un repertorio cheo de emocións, con temas que mesturan pop, soul e influencias electrónicas, reflectindo a mirada dunha nova xeración que entende a música como canle de expresión e identidade.

Zona 2

17:00 Espectáculo, Final Música Xuventude Crea

  • A música é unha das linguaxes máis poderosas para expresar o talento e a diversidade da mocidade galega. A final de Música de Xuventude Crea 2025 converterá o escenario de Xuventude na Onda nun espazo cheo de ritmo, emoción e
    creatividade, onde os finalistas do certame demostrarán o seu potencial artístico ante o público.
    Nesta cita, as bandas e solistas seleccionados nas fases previas ofrecerán un concerto vibrante no que se mesturan estilos, voces e influencias: desde o pop ata o rock, pasando polo jazz, o indie ou as propostas máis experimentais.

19:30 Taller Tradi

  • Exhibición de foliada con Cantigas y Agarimos.

Zona 3

17:00 Torneo Gaming, Mario Kart .- Gaming Troop

  • Porque a innovación tamén se vive xogando, o Torneo de Mario Kart convida ás persoas participantes a poñer a proba os seus reflexos, a súa capacidade estratéxica e, sobre todo, o seu espírito de equipo nun ambiente distendido e cheo de enerxía. Esta actividade combina entretenemento, tecnoloxía e traballo en equipo, promovendo valores como a cooperación, a deportividade e a toma rápida de decisións. Ademais, servirá como espazo de encontro informal entre mentores, mentorizados e demais participantes da xornada, favorecendo as conexións e o intercambio de experiencias.

 

Dirección do evento

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Información Relevante sobre o Transporte

Ofrecerase un servizo, de autobús lanzadeira, dende a Cidade da Cultura ata a Estación Intermodal de Santiago, con saída as 15:00

A hora de saída dos buses será as 18:00 da tarde

Puntos de recollida de persoal

Coruña, FUAC

Paseo Rda., 47, 15011 A Coruña, La Coruña

Hora de saída

08:00

Titor/a contacto

María Luisa Campos Fariñas

Teléfono contacto

623 584 783

Coruña, Campus Elviña

Rúa José María Luengo Martínez, 15, 15008 A Coruña

Hora de saída

08:15

Titor/a contacto

María Luisa Campos Fariñas

Teléfono contacto

623 584 783

Santiago de Compostela, Campus Vida

Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 3, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña

Hora de saída

09:15

Titor/a contacto

Francisco José Abuín García

Teléfono contacto

613 249 794

Pontevedra, A Barca

Glorieta A Barca, 36163 Poio, Pontevedra

Hora de saída

08:30

Titor/a contacto

Yésica Gutiérrez González

Teléfono contacto

613 24 61 33

Vigo, Calle Areal

Rúa do Areal, 54, 36201 Vigo, Pontevedra

Hora de saída

08:00

Titor/a contacto

Yésica Gutiérrez González

Teléfono contacto

613 24 61 33

Ourense, Fac Informática

Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense

Hora de saída

08:00

Titor/a contacto

Yésica Gutiérrez González

Teléfono contacto

613 24 61 33

Lugo, Fac. Veterinaria

Av. Carvallo Calero, s/n, 27002 Lugo

Hora de saída

07:45

Titor/a contacto

Carmen Patiño García

Teléfono contacto

613 246 083

Ferrol, Fac. C. Traballo

Facultad de Ciencias del Trabajo - UDC, Rúa San Ramón, s/n, 15403 Ferrol, A Coruña, España

Hora de saída

08:00

Titor/a contacto

María Luisa Campos Fariñas

Teléfono contacto

623 584 783

O procedemento de inscrición para este evento atópase pechado.