EN25-07122
Interedicións
Encontro Xuventude na Onda

Encontros e congresos

Duración e prazas

Duración estimada

5.5 horas

Prazas dispoñibles

500

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

29/11/2025

Hora de inicio

16:00

Data de culminación

29/11/2025

Hora de culminación

21:30

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

26/11/2025 11:59 PM

Enlace de interese

https://xuventudenaonda.es/#

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

O Xuventude na Onda é un encontro de dous días de duración, que busca xerar un espazo de inspiración, aprendizaxe e colaboración entre a mocidade, mentores, mentorizados,institucións académicas e o ecosistema innovador galego.

As xornadas teñen como obxectivo principal promover a conexión entre o talento xove e os sectores da innovación, ciencia e empresa, favorecendo a creación de sinerxias e novas oportunidades de colaboración.

A través de este encontro buscamos:

  • Inspirar á mocidade participante a desenvolver proxectos emprendedores.
  • Visibilizar boas prácticas e experiencias de éxito xurdidas do ámbito universitario galego.
  • Promover a colaboración interinstitucionalentre universidade, administración pública e sector privado.

O sábado 29 de novembro, terá lugar o segundo día do encontro, contando có seguinte programa:

Túneles

10:00 Espectáculo, Final Arte Urbano Xuventude Crea

  • A creatividade xuvenil toma protagonismo nos túneles da Cidade da Cultura coa final de arte urbano de Xuventude Crea, un espazo onde talento, expresión e orixinalidade se fusionan para transformar o entorno urbano nun lenzo vivo. Este encontro celebra a capacidade da xuventude galega para innovar, experimentar e comunicar a través da arte, amosando como a cultura urbana pode dialogar cos espazos da cidade de maneira única. Durante esta final, artistas emerxentes presentarán as súas propostas diante dun público diverso, convidando á reflexión e ao disfrute colectivo.

Zona 2

13:00 Espectáculo, Final Danza Xuventude Crea 

  • A final de Danza de Xuventude Crea 2025 chega a Xuventude na Onda como un dos momentos máis vibrantes da xornada, onde o talento e a creatividade da mocidade galega soben ao escenario para converterse en arte en movemento. Nesta gala final, os grupos e bailaríns seleccionados nas fases previas do certame exhibirán as súas coreografías, nas que conflúen innovación, técnica e expresión persoal. A danza preséntase aquí como unha linguaxe universal, capaz de comunicar emocións, historias e soños, simbolizando a forza e diversidade da xuventude galega.

16:15 Finalistas Literatura Xuventude Crea: Peaky Writers, historias con carácter

  • O encontro pretende dar voz ás novas xeracións de autoras e autores galegos, visibilizando a diversidade de estilos e xéneros —poesía, narrativa, ensaio, microrrelato— que conforman o panorama actual da mocidade creadora. Ademais de presentar fragmentos das súas obras finalistas, os participantes reflexionarán sobre o papel da literatura como espazo de liberdade, compromiso e identidade, e sobre o reto de escribir nun tempo marcado pola velocidade e o cambio constante.

19:30 Taller: Graffiti en realidade virtual .- Ocionautas

  • A innovación e a creatividade únense neste taller de graffiti con realidade virtual, unha experiencia única que permite á xuventude explorar a expresión artística urbana dun xeito totalmente innovador. Os participantes poderán deseñar e pintar en espazos virtuais, experimentando coa cor, o movemento e a composición sen limitacións físicas nin materiais tradicionais.

20:00 Taller e exhibición: Freestyle e hip hop .- Ocionautas

  • A enerxía das rúas e a creatividade urbana chegan cun taller participativo e exhibición de freestyle e hip hop, onde a música, o movemento e a improvisación se mesturan nun espectáculo vivo. Os participantes aprenderán técnicas básicas de rap improvisado, movementos de baile urbano e expresión corporal, mentres se fomentan a colaboración, a confianza e a autoexpresión.

Zona 3

16:30 Torneo Gaming, EA Sports 26 .- Gaming Troop

  • A paixón polo deporte e pola tecnoloxía únense neste torneo de EA Sports 26, unha competición pensada para celebrar o espírito de equipo, a estratexia e a diversión entre a mocidade participante. Os asistentes poderán poñerse na pel das súas estrelas deportivas favoritas e competir en partidas cheas de emoción, habilidade e deportividade. O evento contará con rondas eliminatorias, semifinais e unha final, cun ambiente participativo.

Zona 1

16:00 Sesión Q&A: Black Mirror, o outro lado das redes .-  Miguel Mandayo, Nerea Rodríguez, Juan Sieira, Paula Serras

  • Nesta sesión en formato Q&A (preguntas e respostas), catro voces de referencia do panorama galego e estatal compartirán as súas experiencias sobre o lado real da influencia dixital: como xestionan a súa marca persoal, os retos éticos da exposición pública, e a importancia de comunicar con propósito e responsabilidade. A través dun diálogo aberto e participativo, Miguel, Nerea, Juan e Paula ofrecerán unha visión próxima sobre o que significa ser influencer hoxe, como manter a autenticidade nun entorno competitivo e como converter a creatividade nunha ferramenta de cambio.

17:00 Ponencia: Misión Comunicar, do tuit viral ao cambio real .- Carlos Fernández Guerra

  • Nun mundo dominado pola inmediatez e a sobreinformación, comunicar con propósito é máis necesario ca nunca. Nesta ponencia inspiradora, Carlos compartirá a súa experiencia á fronte dunha das estratexias dixitais máis exitosas e virais do país, analizando como transformar a comunicación nunha ferramenta de impacto social real. Un relatorio que combina humor, aprendizaxe e visión estratéxica, pensado para inspirar á mocidade sobre o poder transformador das palabras e das ideas ben comunicadas. Porque comunicar non é só falar: é mobilizar, conectar e transformar

17:45 Showcooking; Chef 007, cociña royale .- Jano Loimil e Marcos Cerqueiro

  • Nesta ponencia dinámica, os estudantes descubrirán como preparar pratos sinxelos, nutritivos e saborosos utilizando conservas galegas, unha solución práctica para a vida universitaria. A través dun enfoque interactivo tipo showcooking, aprenderase a combinar ingredientes, aproveitar ao máximo os alimentos en conserva e crear receitas equilibradas que combinen facilidade, economía e tradición gastronómica. A actividade combina demostracións culinarias en directo con consellos prácticos e trucos de supervivencia na cociña, fomentando a autonomía alimentaria e o coñecemento da rica tradición de conservas de Galicia.

18:45 Ponencia interactiva: Inside out 2.0, emocións tras as pantallas .- Pepe y Lucas

  • Pepe e Lucas propoñen unha charla interactiva que mergúllanos na realidade das redes sociais, máis aló do que se mostra nos nosos feeds. A través dunha conversa dinámica e participativa, analizarase como as plataformas dixitais poden influír nas emocións, nas expectativas e na percepción da realidade, mostrando os altibajos da vida en liña: o que se ve, o que se oculta e as consecuencias de vivir entre filtros e likes.

20:30 Concerto .- Grande Amore

  • A potencia, a identidade e a autenticidade de Grande Amore chegan a Xuventude na Onda cun concerto cheo de enerxía e actitude. Co seu estilo inconfundible, que fusiona o pop electrónico, o punk e a vangarda galega, Grande Amore ofrece unha experiencia musical que vai máis alá do escenario: é un encontro coa emoción, coa provocación e coa liberdade creativa.

Dirección do evento

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Información Relevante sobre o Transporte

Puntos de recollida de persoal

O procedemento de inscrición para este evento atópase pechado.