WB26-07308
8va Edición
Os Colexios Profesionais e o seu Rol no Inicio da Carreira Profesional

Webinar

Duración e prazas

Duración estimada

1 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

30/01/2026

Hora de inicio

10:00

Data de culminación

30/01/2026

Hora de culminación

11:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

29/01/2026 11:59 PM

Enlace de interese

https://xm.formar.cixug.gal/course/view.php?id=85

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Webinar de unha hora de duración no que se abordarán cuestións clave sobre o papel dos colexios profesionais, a empregabilidade, a formación continua e a defensa da profesión. Ademias será a ocasión perfecta para resolver dúbidas, coñecer recursos e descubrir como un colexio profesional pode ser un aliado estratéxico no inicio e desenvolvemento da túa carreira profesional.

Este webinar vai a ser impartido pola Unión Profesional de Galicia, unha entidade que aglutina e representa 46 colexios profesionais de distintas áreas e ámbitos territoriais da comunidade autónoma, actuando como voz conxunta das profesións colexiadas. O seu labor céntrase en defender o exercicio profesional, promover a calidade dos servizos á cidadanía, impulsar a formación continua, fomentar a cooperación intercolexial e reforzar o papel das profesións na sociedade galega. Ademais, funciona como espazo de encontro, diálogo e coordinación entre colexios, administracións e axentes sociais.

Concretamente, a sesión será levada a cabo por:

1.- José María Suárez Quintanilla: Presidente da Unión Profesional de Galicia e do Colexio de Odontólogos de A Coruña.
2.- María del Carmen González Hermo: Vicesecretaria do Colexio de Psicólogos de Galicia.
3.- Patricia Vérez Cotelo: Secretaria Xeral da Unión Profesional de Galicia, Presidenta do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de A Coruña e do Consello Galego de Colexios de Axentes da Propiedad Inmobiliaria.

Este encontro pretende ofrecer unha visión práctica e actualizada sobre como os colexios profesionais poden acompañar, orientar e fortalecer a traxectoria das persoas que comezan a súa carreira:

1. O rol do colexio no inicio da carreira profesional

Durante o webinar analizarase:

  • Que é un Colexio Profesional, cales son os seus fins e como se estrutura internamente.
  • Os servizos específicos para persoas recentemente graduadas ou tituladas.
  • A percepción da colexiación como trámite fronte ao seu valor engadido real: apoio profesional, garantías, representación e acceso a recursos clave.
  • A obrigatoriedade ou non de colexiarse segundo a profesión, e cando é recomendable facelo.
  • Información sobre cotas reducidas ou bonificadas.
  • Que ocorre cando unha persoa está colexiada nun territorio pero exerce noutro: é necesario volver a colexiarse?

2. Empregabilidade e mercado laboral

O encontro tamén afondará nas oportunidades profesionais e nos recursos que ofrecen os colexios:

  • Existencia de bolsas de emprego específicas ou convenios con empresas e entidades do sector en Galicia.
  • Posibilidade de acceder a prácticas profesionais para persoas recentemente tituladas.
  • As competencias máis demandadas actualmente polas empresas, tanto técnicas como soft skills.
  • A evolución do traballo por conta propia e as perspectivas de futuro para o emprendemento profesional.

3. Formación continua e especialización

Outro dos eixos fundamentais será a actualización profesional:

  • Tipos de formación especializada que ofrecen os colexios e que non adoitan estar dispoñibles noutros espazos formativos.
  • Mecanismos para manterse ao día ante cambios normativos, tecnolóxicos ou metodolóxicos que afectan ao exercicio profesional.

4. Networking e comunidade profesional

A sesión explicará como os colexios contribúen a crear comunidade:

  • Eventos, encontros e espazos de networking para conectar con outros/as profesionais e xerar sinerxías.
  • Iniciativas que facilitan o contacto con profesionais doutras disciplinas, favorecendo proxectos multidisciplinares e colaboracións.

5. Deontoloxía, ética e defensa profesional

Por último, abordarase o papel dos colexios na protección e defensa da profesión:

  • Dereitos e obrigas das persoas colexiadas.
  • Servizos de apoio xurídico ante situacións de precariedade laboral, dúbidas contractuais ou conflitos profesionais.
  • A importancia do Seguro de Responsabilidade Civil e como se xestiona para novos/as profesionais.
  • O peso dos colexios profesionais nas relacións coa administración e na elaboración de normativas, leis e regulamentos que afectan ao sector.
Durante toda a sesión o espazo estará aberto ao dialogo e a resolver todas as dúbidas e inquedanzas que os asistentes teñan.

Información Relevante sobre o Transporte

Indicar a súa intención de participar no evento