Visita á empresa Zendal Health, situada no municipo pontevedrés de O Porriño.
Zendal é un grupo empresarial galego dedicado á biotecnoloxía e á biofarmacia, cunha traxectoria de máis de 30 anos. A súa actividade céntrase na investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos biolóxicos, especialmente vacinas e medicamentos destinados á saúde humana e animal.
O grupo está composto por varias marcas especializadas —entre elas CZ Vaccines e Biofabri— que lle permiten abordar de maneira integral proxectos de alto valor engadido no ámbito da saúde global.
Zendal destaca pola súa forte aposta pola innovación e a I+D, pola súa capacidade industrial e polo seu papel estratéxico na produción de vacinas, consolidándose como un dos referentes do sector biotecnolóxico en Galicia e no ámbito internacional
A visita dará comezo as 10:30 con unha pequena presentación por parte do equipo de RRHH, na que se presentará a actividade do grupo e os principais ámbitos nos que desenvolve o seu labor.
Despois disto, procederase a visita das instalacións onde os participantes, se a súa axenda o permite, estarán acompañados por o director de CZ Vaccines, Félix Risco.