VE26-08067
9na Edición
Visita a Empresa Plexus

Visita a empresas

Duración e prazas

Duración estimada

3 horas

Prazas dispoñibles

30

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

26/06/2026

Hora de inicio

10:30

Data de culminación

26/06/2026

Hora de culminación

13:30

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

24/06/2026 11:59 PM

Enlace de interese

https://www.plexus.es/

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Visita a empresa Plexus deseñada para que os participantes do programa poidan coñecer de primeira man o funcionamento dunha consultora tecnolóxica líder, ampliar a súa visión do mercado laboral no sector TI e establecer contactos profesionais de valor.

Plexus Tech é unha das empresas tecnolóxicas máis relevantes de Galicia, con sede en Santiago de Compostela, e conta con máis de 20 anos de experiencia e con máis de 4.600 profesionais. Está especializada en consultoría tecnolóxica, transformación dixital e desenvolvemento de software para clientes de sectores estratéxicos como a banca, a saúde, a enerxía e a industria. A súa presenza esténdese por toda España e conta con proxección internacional, o que a converte nun referente indiscutible do ecosistema tecnolóxico galego.

Programa da xornada

📌10:30 h | Recepción dos participantes e visita ás instalacións

Chegada dos mozos e mozas participantes no programa Xuventude Mentoring á sede de Plexus Tech.

Os asistentes serán recibidos por representantes da compañía e realizarán un percorrido guiado polas instalacións, onde poderán coñecer de primeira man os distintos espazos de traballo, a cultura corporativa da organización e algúns dos proxectos tecnolóxicos que se desenvolven actualmente na empresa.

Esta visita permitirá achegar aos participantes á realidade dunha compañía tecnolóxica galega con presenza internacional, coñecendo como a innovación, o talento e o traballo colaborativo forman parte do seu día a día.

🗣️ 11:00 h | Inicio da charla-coloquio

Apertura institucional do encontro a cargo de:

  • Antonio Agrasar Cascallar, CEO e Fundador de Plexus Tech.
  • Lara Meneses Álvarez, Directora Xeral de Xuventude.

Ambos darán a benvida aos asistentes e destacarán a importancia de iniciativas como Xuventude Mentoring para achegar a mocidade ao tecido empresarial e tecnolóxico, favorecendo o desenvolvemento de vocacións profesionais e o coñecemento de novas oportunidades de futuro.

👥 11:15 h | Plexus Tech: 25 anos impulsando a innovación

Antonio Agrasar Cascallar
CEO e fundador de Plexus Tech

Antonio Agrasar realizará un percorrido pola historia de Plexus Tech desde os seus inicios ata converterse nunha compañía tecnolóxica de referencia con presenza internacional. A sesión abordará a evolución da empresa ao longo destes 25 anos, o seu modelo de crecemento, os sectores nos que opera e o papel fundamental da innovación, a tecnoloxía e as persoas na construción dun proxecto empresarial sólido e sostible.

👥 11:45 h | As mulleres STEM: liderado, oportunidades e futuro

Sonia García
Xestora de Proxectos de Servizos Xestionados

A continuación, Sonia García, ofrecerá unha reflexión sobre o papel das mulleres nos ámbitos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), analizando os avances acadados nas últimas décadas, os retos que aínda persisten e a necesidade de seguir promovendo referentes femininos que inspiren ás novas xeracións.

A súa intervención poñerá en valor a diversidade como motor de innovación e a importancia de fomentar a presenza feminina nos sectores tecnolóxicos.

👥 12:15 h | Innovación aplicada: proxectos que transforman organizacións

Yago González
Director de Innovación de Plexus Tech

A última intervención estará centrada nalgúns dos proxectos máis innovadores desenvolvidos por Plexus Tech en ámbitos como a intelixencia artificial, a analítica avanzada de datos, a transformación dixital e outras tecnoloxías emerxentes.
A través de exemplos reais e casos de éxito, os asistentes poderán descubrir como a innovación tecnolóxica contribúe a resolver retos complexos e a xerar valor para organizacións e para a sociedade.

🗣️ 12:45 h | Coloquio e quenda de preguntas

Espazo aberto para a participación dos asistentes, que poderán compartir impresións cos relatores, formular preguntas e profundar nos temas abordados ao longo da mañá.

13:00 h | Cóctel networking

Clausura do encontro e celebración dun cóctel networking que permitirá aos participantes intercambiar experiencias, ampliar a súa rede de contactos e continuar a conversa nun ambiente distendido xunto a profesionais de Plexus Tech e representantes institucionais.

Dirección do evento

Polígono de Boisaca, Rúa de José Villar Granjel, 22, 24, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña

Información Relevante sobre o Transporte

Puntos de recollida de persoal

Coruña, Campus Elviña

Rúa José María Luengo Martínez, 15, 15008 A Coruña

Hora de saída

09:20

Titor/a contacto

Luisa Campos Fariñas

Teléfono contacto

623 58 47 83

Santiago de Compostela, Campus Vida

Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 3, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña

Hora de saída

10:00

Titor/a contacto

Daniel Lorenzo Pardo

Teléfono contacto

613 24 97 94

Pontevedra, A Barca

Glorieta A Barca, 36163 Poio, Pontevedra

Hora de saída

09:15

Titor/a contacto

Iria Castellanos Alonso

Teléfono contacto

613 24 60 18

Vigo, Calle Areal

Rúa do Areal, 54, 36201 Vigo, Pontevedra

Hora de saída

08:45

Titor/a contacto

Cristina Cabo Gómez

Teléfono contacto

623 58 59 42

Indicar a súa intención de participar no evento