Visita a empresas

VE26-08075
9na Edición
Visita á Oficina Coorporativa da Empresa Naturgy

Duración e prazas

Duración estimada

3 horas

Prazas dispoñibles

30

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

16/07/2026

Hora de inicio

10:00

Data de culminación

16/07/2026

Hora de culminación

13:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

13/07/2026 11:59 PM

Enlace de interese

https://www.naturgy.com/

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Visita á oficina corporativa de Naturgy na cidade da Coruña deseñada para ofrecer unha visión máis próxima do funcionamento interno da compañía e do seu equipo profesional, complementando así o coñecemento adquirido nas visitas técnicas aos seus proxectos enerxéticos.

Un dos momentos centrais da actividade será a realización dun “speed dating” profesional con empregadas e empregados de Naturgy. Trátase dunha dinámica áxil e participativa na que as persoas mentorizadas poderán conversar en pequenos encontros individuais con profesionais de diferentes áreas da empresa. Esta metodoloxía favorece unha interacción directa, permite coñecer experiencias reais do sector e facilita un intercambio enriquecedor tanto a nivel laboral como persoal.

Naturgy, empresa líder no ámbito enerxético, mantén unha presenza consolidada en Galicia, onde desenvolve proxectos estratéxicos vinculados ás enerxías renovables, á distribución e aos servizos enerxéticos. A súa actividade na comunidade non só contribúe á transición cara a un modelo máis sostible, senón que tamén impulsa o emprego cualificado e a colaboración con entidades locais.

A oficina da Coruña é un dos puntos de referencia da compañía na comunidade, un espazo onde se coordinan proxectos, se desenvolven iniciativas de innovación e se promove o talento profesional.

Con esta visita os participantes poderán comprender os perfís profesionais que a integran e explorar posibles camiños de desenvolvemento laboral. Ademais de supoñer un contacto directo co mundo empresarial e unha oportunidade única para ampliar horizontes e establecer rede de contactos.

Dirección do evento

Naturgy, Av. Arteixo, 171, 15008 A Coruña

Información Relevante sobre o Transporte

Puntos de recollida de persoal

Santiago de Compostela, Campus Vida

Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 3, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña

Hora de saída

08:45

Titor/a contacto

Cristina Cabo Gómez

Teléfono contacto

623 58 59 42

Pontevedra, A Barca

Glorieta A Barca, 36163 Poio, Pontevedra

Hora de saída

08:00

Titor/a contacto

Iria Castellanos Alonso

Teléfono contacto

613 24 60 18

Vigo, Calle Areal

Rúa do Areal, 54, 36201 Vigo, Pontevedra

Hora de saída

07:30

Titor/a contacto

Iria Castellanos Alonso

Teléfono contacto

613 24 60 18

O procedemento de inscrición para este evento atópase pechado.