Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
O obxectivo desta xornada será a de desenvolver e presentar accións que visibilicen as oportunidades profesionais no entorno competitivo biotecnolóxico galego, co fin de fomentar a xeración de relaciones profesionais a través do evento entre as persoas mozas inscritas e beneficiarias e as entidades participantes, entre outras do ecosistema biotecnolóxico galego.
A través dun enfoque integral e participativo porase en valor as diferentes saídas profesionais que ofrecen as carreiras científicas, co obxectivo de que os asistentes teñan unha visión transversal e multidisciplinar da actualidade do mundo laboral ligado as ciencias da vida.
Na sesión tratarase os seguintes puntos:
Desenvolverase unha xornada de 2h coa participación de 3/4 perfís expertos do ámbito das ciencias da vida que están a desenvolver o seu labor en diferentes áreas de empresas ou asociacións. Os relatores falaran da súa experiencia e poñerán en valor ferramentas que poden axudar aos mozos a atopar oportunidades profesionais no ámbito das ciencias da vida de Galicia.
Na segunda parte da xornada, haberá unha parte máis práctica e de networking onde os mozos e mozas poderán formular preguntas e dúbidas aos relatores, e que isto lles axude a encamiñar a súa carreira profesional.
A xornada estará moderada en todo momento por Julio Martínez.
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06