Nun formato participativo e dinámico, compartirase a experiencia de pasar por un proceso de selección. Para elo, utilizarase como base os perfís dos/as participantes e a súa propia experiencia, que se contrastará coas aportacións dunha recrutadora que facilitará consellos, prácticas e ferramentas para enfrontarse a un proceso de selección con éxito.
Non se trata de receitas máxicas, pero en cada fase dun proceso de selección pódese mellorar o impacto que se xera e ser capaces de demostrar, con éxito, o valor que se pode aportar a unha organización.
Os obxectivos a abordar son os seguintes:
- Coñecer, desde o punto de vista da empresa, as fases po las que pasa un proceso de selección.
- Descubrir ferramentas e consellos facilmente aplicables para mellorar o resultado obtido en cada fase dun proceso de selección.
- Poñer a proba o traballado en outras actividades do Programa enfrontándose a situacións reais dun proceso de selección.
- Gañar seguridade á hora de enfrontar a busca de emprego.