OBXECTIVOS:
Achegar ao alumnado participante coñecementos sobre o mercado laboral nos ámbitos da formación regulada e non regulada, facendo fincapé:
1. O mercado laboral. Posibilidades docentes como persoa contratada e como persoa autónoma.
2. Acceso á función publica, requisitos e boas prácticas para preparar unha oposición e desenvolver o exame fronte ao tribunal.
3. Requisitos para exercer como docente no ámbito da formación regulada.
4. O camiño para desenvolverse dentro do ámbito universitario.
5. Outras oportunidades no ámbito formativo. Novas profesións.
FORMATO:
Os relatores participantes achegarán a súa experiencia directa sobre cada un dos puntos anteriores, atendendo ás cuestións que as e os participantes acheguen sobre o exercicio docente tanto no ámbito da formación regulada como non regulada e as posibilidades de emprendemento.