O EIJE (Encontro Internacional de Mozos Emprendedores) é unha iniciativa de traballo colaborativo e pioneiro, na que participan as seguintes institucións:
- Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión de Viseu do Instituto Politécnico de Viseu
- Escola Superior de Ciencias Empresariais do Instituto Politécnico de Viana do Castelo
- Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión do Instituto Politécnico de Bragança (e a UNIAG-Unidade de Investigación Aplicada en Xestión)
- Centro Rexional de Braga da Universidade Católica Portuguesa
- Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela
- Fundación Europea de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC)
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo
- Escola Politécnica Superior de Zamora da Universidade de Salamanca
O evento está dirixido principalmente a estudantes e titulados de Institucións de Educación Superior do norte de España e do norte de Portugal. En cada encontro trátanse temas vinculados á innovación e o emprendimiento onde os estudantes desenvolven as súas habilidades e presentan os seus proxectos empresariais. Ademais do aspecto formativo e informativo, o evento ten tamén unha vertente competitiva. O obxectivo é que os inscritos expoñan os seus proxectos empresariais, nun contexto de colaboración internacional, onde se premiarán as mellores ideas.
A edición de 2023 (IX Encontro Internacional de Mozos Emprendedores) será organizada pola Escola Superior de Tecnologia e Gestão do Instituto Politécnico de Viseu e terá lugar en Viseu.
Ver fonte do evento: EIJE | iGIMec