Actividade de networking dividida en dúas sesións na que membros da Asociación de Executivas de Galicia van a desenvolver actividades encamiñadas a mellorar a formación e a orientación para o emprego e a inserción laboral de todas as persoas participantes.
A actividade formativa realizarase en 5 horas utilizando unha metodoloxía innovadora para desenvolver as competencias para multiplicar as opcións de acceder ao emprego.
O programa rematará cunha sesión de networking real coa participación de relatoras especialistas na materia.
Nesta primeira sesión, desenvolta en A Coruña os participantes contarán coa presenza de Virginia Romera e Sandra Negreira.
- Virginia Romera é copywriter especializada en storytelling. O seu traballo é contar historias, comunicar a esencia das marcas, crea copies e redacta textos para todo tipo de proxectos: webs, landings, e-commerce, escolas online, e-mails, vídeos, blog...
- Sandra Negreira, vinculada á área da consultoría e a formación no ámbito empresarial e os plans AFD, traballa como Coaching Ejecutivo e de Equipos para axudar ás organizacións a coñecerse e recoñecerse.
O contido desta primeira actividade formativa será o seguinte:
Marca Persoal: Define e/ou revisa a túa Marca Persoal (Sandra Negreira)
- Competencias e habilidades
- Coherencia entre o que eres e a túa marca
Marketing Persoal: Cómo trasmites a túa Marca? (Virginia Romera)
- Comunica a túa marca
- O poder do storytelling