Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
Visita ás instalacións de Siemens Gamesa Renewable Energy situada no Polígono Industrial de Sigueiro en Santiago de Compostela.
Siemens Gamesa Renewable Energy é unha empresa referente no sector das enerxías renovables, especializada no deseño, fabricación e mantemento de aeroxeradores. Cun forte compromiso coa sustentabilidade e a innovación, contribuíndo activamente á transición enerxética global.
A visita comezará coa benvida de Jose Manuel Pérez Abelenda, responsable de seguridade e saúde, que ofrecerá unha breve presentación sobre as normas e procedementos de seguridade antes do acceso ás instalacións.
Unha vez dentro, os asistentes serán recibidos na sala de reunións por Jose Manuel Carnota Canedo, xerente da planta, que fará unha presentación sobre a actividade, a empresa e as funcións que realizan cada día.
Por último, farase un percorrido guiado polas instalacións.
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06