Actividade formativa práctica, a través da aula virtual de formación do programa, dirixida a persoas mozas que se atopan en fase de busca activa de emprego. Centrado en optimizar cada unha das fases da busca mediante o uso intelixente de ferramentas de Intelixencia Artificial, delimitando claramente o que a tecnoloxía pode facer e o que non se debe delegar nela.
Metodoloxía
A metodoloxía é fundamentalmente técnica e aplicada, baseada na interacción directa con ferramentas de intelixencia artificial xenerativa (como ChatGPT ou NotebookLM). Céntrase na creación de "contedores" ou libretas dixitais para organizar candidaturas e no deseño de prompts (instrucións) precisos para obter os mellores resultados das IAs.
Elementos clave
- Identificación e uso de palabras clave específicas do sector profesional.
- Potenciación de perfís júnior ou sen experiencia previa.
- Extracción automatizada de competencias clave a partir de ofertas publicadas.
- Aliñamento e sincronización entre o CV, a carta de presentación e a cultura corporativa da empresa.
- Simulación de contornas reais mediante a configuración de chatbots.
Contidos
- Procura de empresas e perfís profesionais: Uso da IA para descubrir postos de traballo que se axusten a graos académicos específicos.
- Preparación do CV: Coñecemento dos formatos que as IAs len mellor, optimización mediante palabras clave e potenciación do perfil sen experiencia.
- Análise de ofertas de emprego: Creación de libretas en ferramentas como NotebookLM ou ChatGPT para organizar as candidaturas, e uso de prompts para extraer as 5 competencias clave dunha oferta.
- Carta de presentación ou correo motivacional: Estratexias para sincronizar a carta, o CV e os valores ou cultura corporativa da empresa.
- Preparación da entrevista de traballo: Configuración do chatbot para que asuma un rol de recrutador e permita ensaiar a entrevista.
Obxectivos Xerais
- Achegar ás persoas mozas a utilidade da intelixencia artificial como ferramenta facilitadora no mercado laboral.
- Optimizar todas e cada unha das fases do proceso de busca activa de emprego.
- Establecer límites claros sobre o uso ético e práctico da IA, definindo o que debe e non debe facer.
Obxectivos Específicos
- Identificar postos de traballo encaixados no grao formativo do participante.
- Crear un currículo adaptado aos sistemas de lectura automatizada (ATS) e á contorna dixital.
- Analizar ofertas de traballo para detectar as necesidades reais da empresa contratante.
- Redactar comunicacións profesionais (cartas ou correos) coherentes cos valores da entidade obxectivo.
- Adestrar as habilidades de comunicación para entrevistas de traballo mediante simulacións con IA.