Formación telemática

FV25-05655
6ta Edición
FUVI: Bolsas e Prácticas remuneradas

Duración e prazas

Duración estimada

1 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

11/03/2025

Hora de inicio

09:30

Data de culminación

11/03/2025

Hora de culminación

10:30

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

10/03/2025 11:59 PM

Enlace de interese

https://fundacionuvigo.es/

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Sesión online informativa e de formación impartida por María Ángeles Mazanares Dacosta e destinada aos participantes do Programa Xuventude Mentoring, graduados ou estudantes na Universidade de Vigo, sobre todo o relativo aos servizos que presta a Fundación Universidade de Vigo (FUVI), centrándose principalmente no Programa Conecta Talento e a oferta de prácticas extracurriculares. Ao remate terá cabida unha ronda de preguntas e consultas.

O Programa Conecta Talento pretende captar, formar e inserir ás persoas tituladas da Universidade de Vigo a través da formalización de prácticas nun contexto produtivo real, conseguindo un nexo entre o talento delas e o tecido empresarial. Por tanto, é un instrumento adecuado para favorecer a futura incorporación das persoas tituladas ao mercado laboral e para complementar a súa formación teórica previa cunha estancia práctica, de carácter non laboral, nunha empresa.

A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) ten por finalidade primordial cooperar co cumprimento dos fins propios da Universidade de Vigo, ben por propia iniciativa, ben por medio das encomendas que a mesma lle realice. As principais liñas de actuación da Fundación son: emprego e emprendemento, formación complementaria e difusión e promoción de actividades