Encontros e congresos

EN25-09999
Interedicións
Encontro Formativo de Persoas Mentoras Xuventude Mentoring

Duración e prazas

Duración estimada

4 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

11/04/2025

Hora de inicio

09:00

Data de culminación

11/04/2025

Hora de culminación

13:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

10/04/2025 11:59 PM

Enlace de interese

https://designthinking.gal/

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Encontro formativo para as persoas mentoras do programa, onde se aprenderá sobre os procesos de mentorización desde dúas perspectivas normalmente moi afastadas, a intuitiva e a racional.

Para isto realizarase un achegamento eminentemente práctico a través de dinámicas de Role Play, o análise de mentorías de éxito e o estudo e posta en práctica de diversas técnicas.

Para rematar, compartiranse as aprendizaxes do proceso e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir.

Dito encontro tomará a seguinte estrutura:

9:00 Recepción das persoas asistentes e merchandising

9:20 Saúdo institucional do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

9:30 Mentorizando intuitivamente - Role Play por parellas

10:00 Estudo de mentorías de éxito

10:30 Ferramentas áxiles para mentorizar:

  • Técnicas de escoita
  • Técnicas de análise
  • Técnicas de ideación e priorización
  • Técnicas de comunicación

11:00 Mentorizando con ferramentas - Role Play por parellas

11:30 Café Networking

12:00 Espazo para compartir aprendizaxes do proceso

12:30 Preguntas e respostas

13:00 Peche da Xornada

Dirección do evento

Hall Tirantes, Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Información de interese

Ofrecerase un servizo, de ida e volta, de autobús lanzadeira, dende a Estación Intermodal de Santiago ata a Cidade da Cultura, con saída as 8:45 e regreso ao remate do encontro