Encontro formativo para as persoas mentoras do programa, onde se aprenderá sobre os procesos de mentorización desde dúas perspectivas normalmente moi afastadas, a intuitiva e a racional.
Para isto realizarase un achegamento eminentemente práctico a través de dinámicas de Role Play, o análise de mentorías de éxito e o estudo e posta en práctica de diversas técnicas.
Para rematar, compartiranse as aprendizaxes do proceso e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir.
Dito encontro tomará a seguinte estrutura:
9:00 Recepción das persoas asistentes e merchandising
9:20 Saúdo institucional do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
9:30 Mentorizando intuitivamente - Role Play por parellas
10:00 Estudo de mentorías de éxito
10:30 Ferramentas áxiles para mentorizar:
- Técnicas de escoita
- Técnicas de análise
- Técnicas de ideación e priorización
- Técnicas de comunicación
11:00 Mentorizando con ferramentas - Role Play por parellas
11:30 Café Networking
12:00 Espazo para compartir aprendizaxes do proceso
12:30 Preguntas e respostas
13:00 Peche da Xornada