FV25-06339
7ma Edición
Crea un porfolio para que che boten un ollo

Formación telemática

Duración e prazas

Duración estimada

2 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

11/07/2025

Hora de inicio

10:00

Data de culminación

11/07/2025

Hora de culminación

12:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

10/07/2025 11:59 PM

Enlace de interese

https://xm.formar.cixug.gal/course/view.php?id=73

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Formación práctica de catro horas de duración, dividida en dúas sesións de dúsa horas cada unha, impartida por Fátima Rodríguez Delgado, executiva de contas en Avante, sobre como crear un porfolio profesional atractivo e coherente, adaptado ao perfil, obxectivos e sector de cada persoa participante.

En dita formación analizaranse diferentes formatos (PDF, web, redes sociais, etc.) e revisaránse exemplos reais de porfolios de profesionais de distintos sectores. Ademais, traballarase conxuntamente en estratexias para definir contidos, seleccionar proxectos ou experiencias relevantes e construír casos prácticos que reforcen a proposta de valor individual.

Vai a ser un espazo para reflexionar sobre o estilo propio, reforzar a identidade profesional e poñer en valor as capacidades e o talento de cada participante. Onde primará:

  • Comprender a función e os elementos clave dun portfolio profesional.
  • Coñecer distintos formatos e soportes segundo o perfil e o sector.
  • Identificar e seleccionar contidos relevantes para incluír.
  • Inspirarse con exemplos reais de portfolios profesionais.
  • Desenvolver ideas de casos prácticos propios para incorporar.
  • Potenciar a proposta de valor e a identidade profesional de cada participante.
  • Obter pautas prácticas para iniciar ou mellorar o portfolio persoal.

Durante esta primeira sesión, a formación irá dirixida a "entender e inspirarse", a través do seguinte programa:

  • Que é un portfolio e para que serve.
  • Formatos posibles: do PDF á web, pasando por redes como LinkedIn ou Behance.
  • Exemplos reais comentados: que funciona e por que.
  • Ferramentas e recursos útiles para crear un portfolio.
  • Como identificar contidos propios interesantes.
  • Estratexias para transformar experiencias en casos ou proxectos.
  • Guía para estruturar un portfolio coherente.

O procedemento de inscrición para este evento atópase pechado.