Nesta actividade, dunhas 3 horas de duración, os participantes terán a oportunidade de coñecer as instalacións do Clúster Bioga situadas no polígono de A Sionlla, compaxinando unha visita ás empresas que están alí situadas e unha xornada na que participarán perfís diversos, expertos no ámbito das ciencias da vida, que dun xeito práctico e dinámico falarán da súa experiencia e poñerán en valor ferramentas que poden axudar á mocidade a atopar oportunidades profesionais neste ámbito en Galicia.
10:00-10:30h — Benvida e presentación BIOGA
BIOGA é o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia. Traballa para impulsar o ecosistema biotech galego, fomentar a colaboración entre empresas e centros de investigación, apoiar a innovación e promover o crecemento do sector. Durante esta presentación farase unha introdución ao sector biotecnolóxico en Galicia e ás oportunidades que ofrece para o talento novo.
10:30-11:00h — Presentación Keybiological
Keybiological, localizada en Porriño (Pontevedra), representa unha empresa pioneira na producción e comercialización de aceites ozonizados, cosmética natural, e suplementos nutricionales.
11:00-11:30h — Presentación Galchimia
Galchimia é unha empresa especializada en servizos de síntese orgánica e desenvolvemento de procesos para a industria farmacéutica e biotecnolóxica, situada en Touro (A Coruña).
11:30-12:00h — Presentación CETIM
O CETIM (Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial), localizado en Culleredo (A Coruña), está dedicado á investigación aplicada e innovación industrial en biotecnoloxía, materiais avanzados e economía circular.
12:00-12:30h — Presentación BFlow
BFlow dedícase ao deseño e á produción de organ-on-a-chip e doutros dispositivos e solucións de microfluídica, con aplicación nun amplo espectro de sectores, como a biomedicina, a biotecnoloxía, o medio ambiente e a industria. Atópanse en Santiago de Compostela (A Coruña).
12:30-13:30h — Coffee & Networking
Espazo informal para compartir, coñecer ás empresas e interactuar de forma próxima cos participantes mentres se toma un café.