Formación presencial na cidade de A Coruña, que abordará aspectos básicos da comunicación que poden influír na posta en valor do perfil profesional das persoas participantes.
Trátase dunha sesión cunha metodoloxía activa e participativa, que busca unha aprendizaxe o máis práctica e significativa posible.
A formación estará impartida por Alba Formoso, fundadora de TALKK Escuela de Oratoria e Debate, unha escola especializada en comunicación, oratoria e debate, dedicada a formar no arte de transmitir. A sesión contará cos seguintes elementos:
- Poñente: coñecerse para comunicar mellor.
- Audiencia: a protagonista do acto comunicativo.
- Temática: organizar as nosas intervencións para chegar mellor.