Formación telemática

FV25-05582
6ta Edición
Formación Xeral e Básica da regulación das relacións laborais

Duración e prazas

Duración estimada

2 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

18/02/2025

Hora de inicio

16:00

Data de culminación

18/02/2025

Hora de culminación

18:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

18/02/2025 03:00 PM

Enlace de interese

https://kpmg.com/es/es/servicios/abogados.html

Descrición e contido do evento

O ámbito profesional e laboral é un dos elementos esenciais da vida de calquera persoa, que afectan ineludiblemente a distintas esferas (psicolóxica, fisiolóxica, interacción social, económica, etc.). Dispoñer de información e coñecementos sobre a regulación laboral propicia á persoa traballadora control e independencia na execución primaria da súa vinculación laboral.

Por iso, a presente formación, que se dividirá en duas sesión complementarias de duas horas cada unha, pretende dotar de información xeral e básica da regulación das relacións laborais, en concreto, normativa que rexe as relacións laborais, dereitos e obrigacións da persoa traballadora, dereitos e obrigas do empregador, novos modelos e características principais dos contratos de traballo, requisitos documentais para a formalización da contratación e nocións básicas sobre documentación retributiva.

Tras a realización das duas sesións os asistentes:

  • Coñecerán a normativa esencial que rexe as vinculacións laborais.
  • Coñecerán os dereitos e obrigacións como persoa traballadora.
  • Serán informados dos modelos de contratación e coñecerán as súas características principais.
  • Dispoñerán da relación de documentación básica necesaria para a formalizar a contratación.
  • Coñecerán os elementos esenciais da documentación retributiva.

Para acadar todo isto, Manuel Flores, presenta o seguinte programa formativo que desenvolverá ao longo das dúas sesións da formación:

  • Normativa aplicable a unha vinculación laboral, especial referencia a Estatuto dos Traballadores e normas colectivas.
  • Contratos de traballo. Modalidades, características e condicións de cada modalidade, requisitos mínimos dun contrato laboral, trámites iniciais e documentación necesaria para formalizar unha contratación.
  • Condicións xerais e mínimas dunha vinculación laboral. Dereitos e obrigas das partes.
  • Documentación retributiva, nocións básicas dunha nómina e como interpretala.

Indicar a súa intención de participar no evento