Visita á empresa Congalsa, situada no municipio coruñés de A Pobra do Caramiñal.
Congalsa é unha empresa con 30 anos de historia, dedicada á elaboración de alimentos precociñados ultraconxelados a base de pescado e marisco. Especialistas en aperitivos e tapas cunha oferta adaptada ao canal HORECA e I+D.
Conta con 4 plantas de produción e unha fábrica separada dedicada exclusivamente á elaboración de produtos sen glute. Ademais de ser empresa certificada con selo de pesca sostible e primeira empresa do sector en unirse á iniciativa de protección das pesquerías SFP.
O programa da visita será o seguinte:
- Chegada ás instalacións e acreditación.
- Vídeo: Visionado do vídeo da empresa para coñecer máis sobre Congalsa.
- Charla: Charla sobre Congalsa, diálogo cos participantes e rolda de preguntas para resolver todas as dúbidas e inquedanzas dos asistentes.
- Visita: Percorrido en grupo para ver a zona de envasado da P14, zona de cabeceira da liña P15, Sala de catas e Showroom.
- Cata: Degustación de produtos da empresa.