Taller experiencial, innovador e altamente práctico, de unhas 5 horas de duración, orientado a mellorar a empregabilidade. A proposta combina metodoloxía sistémica con Playmobil®, LEGO® Serious Play® e enfoque áxil, permitindo que cada participante:
-
Tome conciencia do seu posicionamento profesional actual,
-
Constrúa unha visión clara do seu perfil e do mercado laboral,
-
Saia cun plan de acción realista, visual e accionable.
A metodoloxía, que se basea en investigacións de management, psicoloxía, neurociencia e aprendizaxe somática, integrando a conexión entre pensamento, emoción, corpo e toma de decisións, combina:
Esta formación toma como elementos clave:
-
Modelos sistémicos para facer visible o invisible.
-
Construcións LEGO® para activar pensamento estratéxico e creativo.
-
Storytelling profesional.
-
Co-creación e intelixencia colectiva.
-
Acción guiada orientada a resultados reais.
Os contidos que se tratarán serán:
-
Apertura: Calentamiento sistémico
-
Fase sistémica con Playmobil®: Mapeo profundo – “Como me relaciono co mercado laboral?”
-
Transición enerxética: “Do mapa á construción”
-
Fase LEGO® Serious Play®: Construción do meu entorno profesional
-
Fase de co-creación: Mundo compartido
-
Plan de acción áxil e disruptivo: “Miña Misión 30 Días”
-
Peche: Ritual de compromiso
Ao remate da xornada cada participante constrúe e lévase un Mapa de Empregabilidade 360º, un canvas visual único que se completa ao longo de todo o taller e que recolle por escrito todo o proceso vivido. Un documento visual, práctico e reutilizable, que permite dar continuidade ao proceso en mentoring, orientación laboral ou autoavaliación.
Este mapa inclúe:
-
Mapa Sistémico. (posicionamento actual, obstáculos, aliados, oportunidades e movemento clave)
-
Mapa de Identidade Profesional. (fortalezas, proposta de valor, competencias e metáforas profesionais)
-
Mapa do Mercado Laboral. (sectores, tendencias, oportunidades e encaixe profesional)
-
Mapa de Acción – Misión 30 Días. (movemento sistémico, accións semanais, conexión profesional, decisións e seguimento)