Formación telemática

FV26-08078
9na Edición
Uso da IA Xenerativa para Profesionais do Futuro

Duración e prazas

Duración estimada

15 horas

Prazas dispoñibles

20

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

20/07/2026

Hora de inicio

09:00

Data de culminación

24/07/2026

Hora de culminación

12:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

16/07/2026 11:59 PM

Enlace de interese

Financiación

Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06

Descrición e contido do evento

Curso de 15 horas de duración, dividido en 5 sesións de 3 horas cada día (a realizar os días 20, 21, 22, 23 e 24 de xullo), que está pensado para preparar aos recén graduados a incorporarse ao mercado laboral cun dominio práctico e diferenciador das principais ferramentas de IA xenerativa — ChatGPT, Claude, Gemini e Copilot — aplicadas tanto ao sector público como ao privado, incluíndo o deseño e uso de axentes de IA e equipos de axentes como nova competencia profesional imprescindible no 2026.

A acción formativa segue unha metodoloxía eminentemente práctica, que mediante sesións en directo co formador a través de zoom, se irán combinando os seguintes enfoques:

  • Exposición guiada: presentación estructurada de conceptos con demostracións en vivo por parte do formador.
  • Exercicios prácticos: actividades individuais e en grupo con ferramentas reais (ChatGPT, Claude, Gemini, Copilot). Cada participante traballa coas 4 plataformas.
  • Casos reales con doble enfoque: todos os exercicios se plantexan con variantes para sector público e sector privado, maximizando a empleabilidade en ambos entornos

Os obxectivos e competencias que se van a desenvolver durante a realización deste son:

  • Dominar as 4 grandes plataformas de IA xenerativa: ChatGPT (GPT-5.4), Claude (Opus 4.6), Gemini (3.1 Pro) e Microsoft Copilot.
  • Aplicar técnicas avanzadas de prompting para tarefas profesionais reais en calquera sector.
  • Utilizar cada plataforma con documentos, datos, imaxes e ferramentas multimodais.
  • Coñecer as diferenzas de aplicación entre o sector público (RGPD, EU AI Act, transparencia) e o sector privado (produtividade, competitividade, innovación).
  • Comprender que son os axentes de IA, como funcionan e como crealos sen programar.
  • Deseñar e despregar equipos de axentes que colaboran para resolver tarefas complexas.
  • Desenvolver un portfolio persoal de competencias en IA que diferencie ao candidato nos procesos de selección.

Temario:

Bloque 1. As Plataformas de IA Xenerativa

Módulo 1: Fundamentos e panorama da IA xenerativa

✓ O momento actual da IA

  • Que é a IA xenerativa: modelos de linguaxe, multimodais, xeración de imaxes e vídeo.
  • Os 4 grandes ecosistemas: OpenAI (ChatGPT / GPT-5.4), Anthropic (Claude Opus 4.6), Google (Gemini 3.1 Pro), Microsoft (Copilot).
  • Modelos open source: Llama 4 (Meta), Mistral. Cando e por que importan.
  • Como funcionan os LLMs: tokens, contexto, probabilidades, ventás de contexto (explicación non técnica).
  • Limitacións que debes coñecer: alucinacións, sesgo, corte de coñecemento, confidencialidade.

✓ A IA como competencia profesional

  • Como a IA está a cambiar o mercado laboral: perfís que gañan valor, tarefas que se automatizan.
  • A IA como multiplicador: non substitúe ao profesional, potencia a quen sabe usala.
  • Incluír a IA no CV e nas entrevistas: como demostrar competencia real.
  • O rol do criterio humano: a IA propón, ti decides.

✓ Prompting: a habilidade transversal

  • Anatomía dun bo prompt: rol + contexto + tarefa + formato + restricións.
  • Técnicas: few-shot, chain-of-thought, delimitadores, prompts iterativos.
  • Prompting para traballo profesional: redacción, análise, síntese, creatividade, aprendizaxe.
  • Erros comúns e como evitalos.

Módulo 2: ChatGPT – O estándar de mercado

✓ ChatGPT en profundidade

  • Modelo GPT-5.4 (marzo 2026): razoamento avanzado, computer use nativo, contexto de 1M tokens.
  • GPT-5.4 Thinking: planificación upfront, steerability en tempo real.
  • Plans: Free, Plus, Team, Enterprise. Que inclúe cada un.
  • Interface: conversacións, historial, Projects, memoria, custom instructions.

✓ Funcionalidades avanzadas

  • Análise de documentos: subir PDFs, Word, Excel. Resumos, extracción, comparación.
  • Análise de datos con Code Interpreter: subir CSV/Excel, gráficos, estatísticas.
  • DALL-E: xeración de imaxes desde texto.
  • GPT-5.4 Vision: análise de imaxes, capturas, gráficos, OCR.
  • Modo de voz: interacción falada en móbil e escritorio.
  • Deep Research: investigación profunda automatizada con fontes.

✓ Custom GPTs

  • Crear asistentes especializados: instrucións, coñecemento (arquivos), capacidades.
  • GPT Store: explorar e avaliar GPTs da comunidade.
  • Caso práctico: crear un Custom GPT para preparar entrevistas de traballo.

Módulo 3. Claude. O Asistente de traballo profundo

✓ Claude e o ecosistema Anthropic

  • Claude Opus 4.6 (febreiro 2026): o modelo máis avanzado de Anthropic. Ventá de 1M tokens.
  • Claude Sonnet 4.6 e Haiku 4.5: cando usar cada un (rendemento vs. custo vs. velocidade).
  • Claude Desktop: a aplicación con tres modos — Chat, Cowork e Code.
  • Plans: Pro (20$/mes), Max, Team, Enterprise.

✓ Claude Chat e Projects

  • Análise de documentos extensos: subir PDFs, contratos, informes de 100+ páxinas.
  • Projects: organizar conversacións, documentos e contexto por proxecto.
  • Artifacts: documentos, código e visualizacións editables dentro da conversación.
  • Memoria e personalización: como Claude recorda contexto entre conversacións.

✓ Claude Cowork: o axente de escritorio

  • Que é Cowork: Claude accede a cartafoles do teu ordenador e executa tarefas autonomamente.
  • Demostración: organizar arquivos, xerar informes, analizar documentos — Claude traballa mentres ti fas outra cousa.
  • Skills de Cowork: xerar documentos Word, Excel, PowerPoint e PDF profesionais.
  • Conectores: Google Drive, Gmail, Calendar, Notion, Slack.

✓ Claude para Excel e PowerPoint

  • Add-ins de Claude: IA integrada directamente dentro de Excel e PowerPoint.
  • Contexto compartido (marzo 2026): unha conversación cruza ambas apps sen repetir contexto.
  • Skills reutilizables: workflows dun clic compartibles en equipo.

Módulo 4. Gemini e Google Workspace con IA

✓ Gemini 3.1 Pro e o ecosistema Google

  • Gemini 3.1 Pro (febreiro 2026): o modelo máis avanzado de Google. Razoamento mellorado, multimodal nativo.
  • Gemini Flash 3.1 e Flash-Lite: modelos rápidos e económicos.
  • Gemini na app: chat, xeración de imaxes con Nano Banana 2, Deep Research.
  • Plans: gratuíto, Google AI Pro (20/mes),GoogleAIUltra(25/mes), Google AI Ultra (25 /mes).

✓ Gemini integrado en Google Workspace

  • Gemini en Google Docs: redacción, reescritura, resumo.
  • Gemini en Google Sheets: análise de datos, fórmulas, gráficos con linguaxe natural.
  • Gemini en Google Slides: xeración de presentacións.
  • Gemini en Gmail: resumo de fíos, redacción de respostas.

✓ NotebookLM: investigación con fontes verificables

  • NotebookLM: IA que só traballa cos teus documentos. Cero alucinacións, citación automática.
  • Audio Overviews: converter documentos en podcasts explicativos.
  • Video Overviews, Slide Decks, infografías, flashcards e quizzes.
  • Caso de uso: preparar un tema de oposición ou un traballo de investigación con fontes verificadas.

Módulo 5. Microsoft Copilot. IA no ecosistema Office

✓ Microsoft Copilot e M365 Copilot

  • Copilot Chat (gratuíto): busca con IA, xeración de contido, asistente xeral.
  • Microsoft 365 Copilot (licenza): IA integrada en Word, Excel, PowerPoint, Outlook, Teams.
  • Wave 3 (marzo 2026): Copilot Cowork, axentes en apps, multimodelo (GPT-5.4 + Claude).
  • Copilot Studio: creación de axentes sen código (introdución — aprofúndase no Módulo 7).

✓ Copilot en acción

  • Word: redacción, reescritura, resumo, xeración desde outros documentos.
  • Excel: análise de datos, fórmulas, táboas dinámicas, Python en Excel.
  • PowerPoint: presentacións desde prompts ou documentos.
  • Outlook e Teams: resumo de correos, redacción de respostas, actas de reunións.

✓ Comparativa de plataformas: cando usar cal

  • ChatGPT: mellor para xeración creativa, Custom GPTs, análise de datos con Code Interpreter.
  • Claude: mellor para análise documental extenso, traballo profundo, Cowork para tarefas autónomas.
  • Gemini: mellor integración con Google Workspace, NotebookLM para investigación con fontes.
  • Copilot: mellor para organizacións que xa usan Microsoft 365.
  • Criterio de selección: non hai unha IA mellor — hai unha IA mellor para cada tarefa.

Bloque 2. IA no mundo real: sector público e privado

Módulo 6: IA na empresa privada e no sector público

✓ IA na empresa privada

  • Como usan a IA as empresas hoxe: marketing, vendas, operacións, RRHH, finanzas, atención ao cliente.
  • Casos reais: startups que nacen con IA, grandes empresas que a integran, sectores transformados.
  • Perfís profesionais emerxentes: prompt engineer, AI product manager, AI ops, especialista en axentes.
  • Produtividade e competitividade: as empresas que non adoptan IA perden terreo.
  • Ferramentas de IA máis demandadas en ofertas de emprego (2026).

✓ IA no sector público

  • Como usan a IA as administracións públicas: atención ao cidadán, tramitación, xestión documental, análise de datos.
  • Casos reais en España e Europa: chatbots institucionais, automatización de procesos, análise de normativa.
  • Oposicións e emprego público: como a IA cambia os perfís que se necesitan.
  • O Sandbox regulatorio da AESIA (Axencia Española de Supervisión da IA).

✓ Marco legal e ético: o que todo profesional debe saber

  • Regulamento Europeo de IA (EU AI Act): categorías de risco, obrigas, calendario.
  • RGPD e uso de IA: que datos nunca deben introducirse, anonimización, consentimento.
  • Propiedade intelectual: de quen é o que xera a IA?
  • Sesgos algorítmicos: que son, por que importan, como detectalos.
  • Diferenzas regulatorias entre sector público (transparencia, rendición de contas, ENS) e privado (compliance, IP, vantaxe competitiva).
  • Uso responsable: a IA propón, o profesional decide e é responsable.

Bloque 3. Axentes de IA e Equipos de axentes

Módulo 7: Axente de IA. Da conversación á acción

✓ Que é un axente de IA?

  • A evolución: chatbot → asistente → axente. De responder preguntas a executar tarefas.
  • Anatomía dun axente: modelo de IA + ferramentas + memoria + instrucións + autonomía.
  • Tipos de axentes: conversacionais (responden), de proceso (automatizan), autónomos (deciden e actúan).
  • O espectro de autonomía: human-in-the-loop, human-on-the-loop, human-out-of-the-loop.

✓ Axentes en cada plataforma

  • Custom GPTs (ChatGPT): axentes especializados con coñecemento e ferramentas propias.
  • Claude Cowork (Anthropic): axente de escritorio que executa tarefas sobre os teus arquivos.
  • Claude Code: axente de desenvolvemento que escribe, executa e corrixe código autonomamente.
  • Gemini Agents: axentes integrados en Google Workspace e Android.
  • Microsoft Copilot Cowork (Wave 3): axente que opera dentro de M365 con tarefas de longa duración.
  • Agent Builder de M365: crear axentes desde Copilot Chat sen código.

✓ Crear axentes sen programar

  • Copilot Studio: plataforma low-code de Microsoft para construír axentes.
  • Crear un axente en 15 minutos: descrición en linguaxe natural → axente funcional.
  • Fontes de coñecemento: SharePoint, sitios web, documentos, bases de datos.
  • Fluxos de axente (Agent Flows): automatizacións que o axente executa como ferramentas.
  • Publicar en Teams, web, Outlook ou como extensión de M365 Copilot.

✓ Model Context Protocol (MCP): o estándar de conexión

  • Que é MCP: protocolo aberto para que os axentes se conecten con ferramentas e datos externos.
  • MCP en Claude, Copilot Studio, VS Code, JetBrains: un estándar compartido pola industria.
  • Conectores MCP: Gmail, Google Drive, Slack, Notion, GitHub, bases de datos, APIs.
  • Por que MCP importa para a túa carreira: é a fontanaría da IA axéntica.

Módulo 8: Equipos de axentes. Orquestación multiaxente

✓ Dun axente a un equipo de axentes

  • Por que un só axente non abonda: tarefas complexas requiren especialización e coordinación.
  • Patróns de orquestación: secuencial (pipeline), paralelo, xerárquico, colaborativo.
  • O concepto de roles: un axente investiga, outro analiza, outro redacta, outro revisa.
  • Comunicación entre axentes: protocolo A2A (Agent-to-Agent), delegación, resultados compartidos.

✓ Equipos de axentes na práctica

  • Claude Cowork con sub-axentes: Claude divide unha tarefa complexa en subtarefas e coordina múltiples sub-axentes en paralelo.
  • Microsoft Agent 365 + Copilot Studio: axentes que chaman a outros axentes, A2A, orquestación multisistema.
  • Squad (GitHub): equipos de axentes precreados para desenvolvemento (lead, frontend, backend, tester).
  • Frameworks de referencia: CrewAI, LangGraph, Anthropic Agent SDK, Google ADK. Visión xeral.

✓ Gobernanza de axentes e equipos

  • Observabilidade: saber que fai cada axente, cando, por que e con que resultado.
  • Human-in-the-loop: cando e como un humano intervén nun equipo de axentes.
  • Seguridade e permisos: que pode facer cada axente, acceso a datos, accións destrutivas.
  • Auditoría e cumprimento: trazabilidade de decisións tomadas por axentes.
  • Diferenzas de gobernanza entre sector público (auditoría obrigatoria, transparencia) e privado (eficiencia, IP).

✓ O futuro do traballo con axentes

  • O profesional como 'agent boss': supervisar equipos de axentes, non executar tarefas.
  • Novos perfís: deseñador de axentes, orquestador de workflows, supervisor de IA.
  • Como posicionarse profesionalmente: as competencias en axentes de IA son a nova vantaxe competitiva.

Información Relevante sobre o Transporte

O procedemento de inscrición para este evento atópase pechado.