O ámbito profesional e laboral é un dos elementos esenciais da vida de calquera persoa, que afectan ineludiblemente a distintas esferas (psicolóxica, fisiolóxica, interacción social, económica, etc.). Dispoñer de información e coñecementos sobre a regulación laboral propicia á persoa traballadora control e independencia na execución primaria da súa vinculación laboral.
Por iso, a presente formación, que se dividirá en duas sesións complementarias de duas horas cada unha, pretende dotar de información xeral e básica da regulación das relacións laborais, en concreto, normativa que rexe as relacións laborais, dereitos e obrigacións da persoa traballadora, dereitos e obrigas do empregador, novos modelos e características principais dos contratos de traballo, requisitos documentais para a formalización da contratación e nocións básicas sobre documentación retributiva.
Tras a realización das duas sesións os asistentes:
- Coñecerán a normativa esencial que rexe as vinculacións laborais.
- Coñecerán os dereitos e obrigacións como persoa traballadora.
- Serán informados dos modelos de contratación e coñecerán as súas características principais.
- Dispoñerán da relación de documentación básica necesaria para a formalizar a contratación.
- Coñecerán os elementos esenciais da documentación retributiva.
Para acadar todo isto, Manuel Flores, presenta o seguinte programa formativo que desenvolverá ao longo das dúas sesións da formación:
- Normativa aplicable a unha vinculación laboral, especial referencia a Estatuto dos Traballadores e normas colectivas.
- Contratos de traballo. Modalidades, características e condicións de cada modalidade, requisitos mínimos dun contrato laboral, trámites iniciais e documentación necesaria para formalizar unha contratación.
- Condicións xerais e mínimas dunha vinculación laboral. Dereitos e obrigas das partes.
- Documentación retributiva, nocións básicas dunha nómina e como interpretala.