Visita á oficina corporativa de Naturgy na cidade da Coruña deseñada para ofrecer unha visión máis próxima do funcionamento interno da compañía e do seu equipo profesional, complementando así o coñecemento adquirido nas visitas técnicas aos seus proxectos enerxéticos.
Un dos momentos centrais da actividade será a realización dun “speed dating” profesional con empregadas e empregados de Naturgy. Trátase dunha dinámica áxil e participativa na que as persoas mentorizadas poderán conversar en pequenos encontros individuais con profesionais de diferentes áreas da empresa. Esta metodoloxía favorece unha interacción directa, permite coñecer experiencias reais do sector e facilita un intercambio enriquecedor tanto a nivel laboral como persoal.
Naturgy, empresa líder no ámbito enerxético, mantén unha presenza consolidada en Galicia, onde desenvolve proxectos estratéxicos vinculados ás enerxías renovables, á distribución e aos servizos enerxéticos. A súa actividade na comunidade non só contribúe á transición cara a un modelo máis sostible, senón que tamén impulsa o emprego cualificado e a colaboración con entidades locais.
A oficina da Coruña é un dos puntos de referencia da compañía na comunidade, un espazo onde se coordinan proxectos, se desenvolven iniciativas de innovación e se promove o talento profesional.
Con esta visita os participantes poderán comprender os perfís profesionais que a integran e explorar posibles camiños de desenvolvemento laboral. Ademais de supoñer un contacto directo co mundo empresarial e unha oportunidade única para ampliar horizontes e establecer rede de contactos.