Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
A formación, dun total de 10 horas de duración, impartida por Josiño Pérez e Antía Blanco, estará dividida en dous, contando cunha parte máis teórica de duas horas de duración e unha segunda parte eminentemente máis práctica, en formato de presencialidade, con unha duración de 8 horas (dividida en dúas sesións de 4 horas).
As tres sesións que conforman esta formación son complementarias, polo que é moi recomendable asistir a ámbalas tres xornadas.
Dentro desta formación dual, incidirase en como as empresas abordan a captación de talento, como un valor de especial interese entre as persoas candidatas a incorporarse nelas e abordarase tamén o proceso de selección de persoal.
Primeiramente, incidirase en cuestións de especial interese relativas á cal é o talento que están a buscar as empresas e cales son as ferramentas coas que contan para buscalo e recrutalo, para a continuación incidir nas pautas e recomendacións para potenciar os factores do talento e como establecer e definir un plan propio de autodesenvolvemento do talento.
Seguidamente, abordarase un bloque de contidos nos que se fará un repaso das pautas e consellos para posicionar o valor da candidatura de cada persoa, facendo fincapé en como crear unha estratexia de carreira profesional.
Por último, e de xeito integrado, tratarase o ámbito dos procesos de selección, e dentro dun formato participativo e dinámico, compartirase a experiencia de pasar por un proceso de selección. Para iso, utilizarase como base os perfís dos/as participantes e a súa propia experiencia, que se contrastarán coas achegas dunha recrutadora que facilitará consellos prácticas e ferramentas para enfrontarse a un proceso de selección con éxito. Non se trata de receitas máxicas, pero en cada fase dun proceso de selección podese mellorar o impacto que se xera e ser capaces de demostrar, con éxito, o valor que se pode achegar a unha organización.
O programa que ambos formadores traballarán durante esta segunda sesión enfocarase principalmente en ofertar unha visión xeral, realización de exercicios, aportar consellos clave e resolver as cuestións e preguntas dos presentes:
Os obxectivos desta formación son:
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06