Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
Visita guiada ás instalacións de Inditex, un dos maiores grupos de distribución de moda do mundo, con sede en Arteixo (A Coruña).
A empresa multinacional galega destaca pola súa capacidade de resposta rápida ao mercado, a súa aposta pola sustentabilidade e a innovación nos procesos loxísticos e de produción. Inditex ten en nómina a 165 042 empregados e opera en máis de 5800 tendas nos cinco continentes baixo as marcas principais de: Zara, Zara Home, Massimo Dutti, Pull & Bear, Bershka, Oysho, Lefties e Stradivarius.
Durante as dúas horas de duración, farase un percorrido a pé polas instalacións centrais desta gran empresa, no que coñecer como é o día a día e os espazos clave da compañía, como as áreas de deseño, loxística e innovación, que forman parte do seu modelo de negocio integrado.
📌 Información importante da visita:
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06