Nesta actividade, dunhas 3 horas de duración, os participantes terán a oportunidade de coñecer as instalacións do Cluster Bioga situadas no polígono de A Sionlla, compaxinando unha visita ás empresas que están alí situadas e unha xornada na que participarán perfís diversos, expertos no ámbito das ciencias da vida, que dun xeito práctico e dinámico falarán da súa experiencia e poñerán en valor ferramentas que poden axudar á mocidade a atopar oportunidades profesionais neste ámbito en Galicia.
O programa da actividade será o seguinte:
- 10:30h: Saídas profesionais no sector da biotecnoloxía e ciencias medioambientais – Julio Martínez
- 11:00h: Viaxe da Academia ao Emprendemento – Ester Vázquez
- 11:30h: Descubrindo a Mestrelab Research – Esperanza Pereira
- 12:00h: Dinámica Bioxogo Bioga: canto sabes sobre o ecosistema biotech galego? Con entrega de premios aos gañadores
- 12:15h: Visita instalacións do Biopolo e o laboratorio de Zinpro – Julio Martínez e Ricardo Bevilacqua
- 13:00h – 13:30h Café networking - Julio Martínez acompañado de dúas antigos participantes do Xuventude Mentoring