O obxectivo desta xornada será a de desenvolver e presentar accións que visibilicen as oportunidades profesionais no entorno competitivo biotecnolóxico galego, co fin de fomentar a xeración de relaciones profesionais a través do evento entre as persoas mozas inscritas e beneficiarias e as entidades participantes, entre outras do ecosistema biotecnolóxico galego.
A través dun enfoque integral e participativo porase en valor as diferentes saídas profesionais que ofrecen as carreiras científicas, co obxectivo de que os asistentes teñan unha visión transversal e multidisciplinar da actualidade do mundo laboral ligado as ciencias da vida.
Na sesión tratarase os seguintes puntos:
- A situación actual do mercado laboral no sector (demandas de ocupacións, volume de ofertas de emprego, localización do sector en Galicia, tipoloxía de empresas, ...)
- Requisitos específicos que buscan as empresas dos dous sectores nas persoas candidatas (competencias, requisitos mínimos ou esenciais, ...).
- Previsión de evolución e tendencias tanto do mercado dos sectores como das ofertas de emprego
- Oportunidades por conta propia nos dous sectores. A actividade como persoa traballadora autónoma no sector.
- Entidades máis representativas.
- Rogos e cuestións