Sesión de networking en formato de videoconferencia a través da plataforma Zoom, na que Josiño Pérez, o relator, proporcionará aos participantes unha visión de como é a captación de talento nas empresas hoxe en día.
Josiño Pérez é desenvolvedor de talento. Crea o seu propio proxecto en 2023 para ser unha das mellores opcións para o desenvolvemento de managers, coaching, mentoring e xestión de proxectos de recursos humanos. Ademais, foi responsable de Formación e Desenvolvemento en Estrella Galicia e Zara España.
Primeiro fará unha presentación, na que se inclúen os seguintes puntos:
- Cal é o talento que están buscando as empresas?
- Como o recrutan e como o identifican?
- Que factores axudan a potenciar o talento?
- Como crear un plan de desenvolvemento do meu talento.
- Pautas e consellos para posicionar o valor da nosa candidatura.
- Creación dunha estratexia de carreira profesional.
- Definición de estratexia e táctica
- Uso de Linkedin mais co CV
- Actitude e Soft Skills
- O inglés, o Excel e a Intelixencia Artificial
- A dispoñibilidade xeográfica
Por último unha rolda de preguntas na que os participantes da sesión poderán poñer en manifesto as súas dúbidas e inquedanzas.