Visita á empresa Congalsa, situada no municipio coruñés de A Pobra do Caramiñal.
Congalsa é unha empresa con 30 anos de historia, dedicada á elaboración de alimentos precociñados ultraconxelados a base de pescado e marisco. Especialistas en aperitivos e tapas cunha oferta adaptada ao canal HORECA e I+D.
Conta con 4 plantas de produción e unha fábrica separada dedicada exclusivamente á elaboración de produtos sen glute. Ademais de ser empresa certificada con selo de pesca sostible e primeira empresa do sector en unirse á iniciativa de protección das pesquerías SFP.
O programa da visita será o seguinte:
- 11:00 a 11:10 Benvida: Os participantes serán recibidos por Cristina Pichel Toimil, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Juan Carlos Rama Bermúdez, Director de Recursos Humanos de Congalsa e por Isabel Cañas Landín, Directora de Relacións Externas de Congalsa.
- 11:10 a 11:15 Vídeo: Visionado do vídeo da empresa para coñecer máis sobre Congalsa.
- 11:15 a 11:45 Charla: Charla sobre Congalsa, diálogo cos participantes e rolda de preguntas para resolver todas as dúbidas e inquedanzas dos asistentes.
- 11:45 a 12:15 Visita: Percorrido en grupo para ver a zona de envasado da P14, zona de cabeceira da liña P15, Sala de catas e Showroom.
- 12:15 a 13:00 Cata: Degustación de produtos da empresa.