O ámbito profesional e laboral é un dos elementos esenciais da vida de calquera persoa, que afectan ineludiblemente a distintas esferas (psicolóxica, fisiolóxica, interacción social, económica,….). Dispoñer de información e coñecementos sobre a regulación laboral propicia á persoa traballadora control e independencia na execución primaria da súa vinculación laboral.
Por iso, a presente formación pretende dotar de información xeral e básica da regulación das relacións laborais, en concreto, normativa que rexe as relacións laborais, dereitos e obrigacións da persoa traballadora, dereitos e obrigas do empregador, novos modelos e características principais dos contratos de traballo, requisitos documentais para a formalización da contratación, nocións básicas sobre documentación retributiva.
Dita formación, impartida por Carolina Roo, ten como obxectivo que os asistentes:
- Coñezan a normativa esencial que rexe nas vinculacións laborais.
- Coñezan os dereitos e obrigacións como persoa traballadora.
- Estean informados dos modelos de contratación e coñezan as súas características principais.
- Dispoñan da relación de documentación básica necesaria para a formalizar a contratación.
- Coñezan os elementos esenciais da documentación retributiva.
Para acadar todo isto, Carolina, presenta o seguinte programa formativo que desenvolverá ao longo das dúas horas da formación:
- Normativa aplicable a unha vinculación laboral, especial referencia a Estatuto dos Traballadores e normas colectivas
- Contratos de traballo – modalidades, características e condición de cada modalidade, requisitos mínimos dun contrato laboral, trámites iniciais e documentación necesaria para formalizar unha contratación.
- Condicións xerais e mínimas dunha vinculación laboral. Dereitos e obrigas das partes.
- Documentación retributiva, nocións básicas dunha nómina e como interpretala.