O Encontro Internacional de Mozos Emprendedores (EIJE) é un proxecto colaborativo que se xestou no ano 2014 por iniciativa da Escola Superior de Ciencias Empresariais (ESCE) do Instituto Superior Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.
O principal obxectivo do EIJE é contribuír á formación dos alumnos participantes, permitindo que adquiran competencias e coñecementos relacionados có mundo empresarial.
O X encontro EIJE terá lugar os días 11 e 12 de abril de 2024 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, e estará dedicada ao Emprendemento e a sustentabilidade: O impacto social e ambiental nos negocios.
Programación das actividades:
XOVES, 11 de abril
14:30 Almorzo de recepción e rexistro
16:00 Inauguración
16:30 Poñencia inaugural
17:00 Mesas redondas
18:00 Presentacións ante os xurados
20:00 Cena networking e sesión dj
VENRES, 12 de abril
09:30 Presentación da xornada
10:00 Poñencia
10:30 Experiencias de anteriores EIJES
11:30 Presentacións dos finalistas
13:00 Clausura e entrega de premios
13:45 Almorzo de despedida