Formación telemática en directo impartida por Roberto Touza e Juan Carlos Bugallo, cunha duración de 6 horas, a través de Zoom e co apoio da plataforma Moodle do Programa.
Dividirase en dúas sesións:
- 1ra sesión o 22 de maio de 09:30 a 11:30 horas
- 2da sesión o 29 de maio de 09:30 a 11:30 horas
- 2 horas de lectura de contido adicional.
O contido destas sesións centrarase en:
- Primeira sesión de dúas horas de duración, tratará de forma máis teórica o emprendemento e o autoemprego, con introdución aos seguintes fundamentos destes:
- Situación talento dixital
- Opcións de emprendemento
- Solopreneurs e autoemprego
- Idea vs oportunidade de negocio
- Factores a ter en conta
- Primeiros pasos
- A segunda sesión de dúas horas de duración, será de índole máis práctico, na que se traballarán temas como:
- Emprendemento individual
- Metodoloxía e ferramentas prácticas
- Modelos de negocio