Formación telemática

FV23-04513
5ta Edición
Claves do emprendemento como vía de desenvolvemento laboral por conta propia

Duración e prazas

Duración estimada

2 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

24/04/2024

Hora de inicio

16:00

Data de culminación

24/04/2024

Hora de culminación

18:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

23/04/2024 11:59 PM

Enlace de interese

Descrición e contido do evento

¿Por que emprender?

Emprender hoxe en día, ademais de impulsar un negocio tamén é aproveitar as oportunidades do mercado laboral para posicionarse como un profesional de prestixio e desenvolver proxectos individuais cun amplo grupo de clientes. Ademais, é preciso entender o concepto de emprender tamén como pór en marcha aquelas outras iniciativas empresariais e laborais que permiten a recentemente egresados establecer o seu propio negocio (bufete, consulta, axencia) por conta propia.

Con este escenario surxe a necesidade de formar aos profesionais do futuro nesta materia, con isto, vai a realizarse unha actividade en formato dual impartida por Rodrigo Cerviño Rodríguez que estará dividida en dúas sesións, unha primeira en formato de teleformación cunha duración de 2 horas na que presentar de forma máis teórica o emprendemento e o autoemprego e unha segunda sesión presencial dunhas 4 horas, na que levar a práctica a teoría adquirida na primeira sesión (esta sesión).

Os obxectivos desta actividade son:

  • Coñecer o significado de emprendemento.
  • Coñecer os factores fundamentais a analizar para emprender.
  • Coñecer un proceso estruturado, paso a paso, que permita evolucionar unha simple idea a unha idea de negocio empresarial.
  • Coñecer os pasos e trámites necesarios para poñerse en marcha.

Con estas premisas, nesta primeira sesión, Rodrigo Cerviño vai a presentarlle aos participantes o seguinte programa:

  • Tipoloxía de sociedades
  • Introdución aos trámites administrativos básicos: alta na Seguridade Social e na Axencia Tributaria.
  • Plan de negocio: concepto e breve descrición
  • Erros e acertos habituais á hora de emprender