Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
Xornada de encontro e conversa informal impartida por Alexandra Rey e acompañada de tres potentes representantes do sector, distribuindo a sesión, do seguinte xeito:
Por unha banda, enforase a actividade na ilustración e a banda deseñada en primeira persoa, as súas posibilidades e o híbrido da súa traxectoria con Kiko Da Silva.
Continuando cos procesos de impresión, a importancia da publicación física, o deseño e o seu coidado e comunicación dende unha empresa de máis de 38 anos de traxectoria familiar.
E por último, una mistura entre ambas partes, Galería Maraca, Galería de Arte especializada en obra gráfica e distribución da obra seriada, apostando por ilustradores novos e de grande recoñecemento así como a
importancia do deseño, moi presente na selección editorial á venta na galería.
Vai a ser un encontro para visualizar unha ampla gama de posibilidades, cores e formas dentro do sector cultural e o mundo editorial.
Formato de conversa informal e transmisión de ferramentas e contidos desde a experiencia propia. Da man de relatores que representan e constrúen o panorama actual Galego con presencia nacional e internacional, co fin de falar dos múltiples camiños, posibilidades, áreas, profesionais e vertentes no panorama actual do ámbito cultural e editorial.
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06