Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80%, con cargo ao Programa operativo de Emprego Xuvenil para o período 2014-2020, no eixe prioritario 1B, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.
Descrición e contido do evento
Visita a Estrella Galicia (Museo MEGA, Mundo Estrella Galicia) co Director de Recursos Humanos de Hijos de Rivera, José Yera.
Hijos de Rivera (empresa na que se integra a marca Estrella Galicia) é unha empresa situada en A Coruña, fundada en 1906, dedicada ao sector da alimentación, e máis concretamente, á produción, comercialización e distribución de bebidas.
Hijos de Rivera componse, actualmente, de 31 empresas en 8 países e os seus produtos expórtanse a mais de 70. O negocio produce as súas propias marcas de cervexa: Estrella Galicia, 1906 ou Fábrica de Cervezas, ademais de auga mineral: Cabreiroá, Agua de Cuevas, Fontarel e AURA; zumes: AURA, mostos: Zuvit, sidras e vinagres: Maeloc. Ademais de viños, champañas, licores e outras bebidas como a sangría, tinto de verán e o vermú.
Dirección do evento
Mega Museo Estrella Galicia, Rúa José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña
Puntos de recollida de persoal
Santiago de Compostela, Campus Vida
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 3, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña