Galego  /  Castellano

Formación telemática

FV23-03751
4ta Edición
FUAC: Bolsas e Prácticas remuneradas

Duración e prazas

Duración estimada

1.5 horas

Prazas dispoñibles

100

Destinatarios

Persoal participante no programa

Datas e horarios

Data de Inicio

24/11/2023

Hora de inicio

09:30

Data de culminación

24/11/2023

Hora de culminación

11:00

Datos específicos do evento

Data límite de inscrición

24/11/2023 09:30 AM

Enlace de interese

https://www.fundacion.udc.es/

Descrición e contido do evento

Sesión online informativa e de formación destinada a todos os participantes do Programa Xuventude Mentoring sobre todo o relativo aos servizos que presta a Fundación Universidade da Coruña (FUAC), centrándose principalmente nas bolsas, prácticas remuneradas e formación. Ao remate terá cabida unha ronda de preguntas e consultas.

A formación estará impartida por Rosa Villar, técnica da FUAC, na que tratará principalmente temas como a xestión das bolsas a través da fundación, as características e funcionamento destas e os requisitos que buscan as empresas entre as persoas candidatas a estas bolsas e prácticas.

A Fundación Universidade da Coruña é una institución de carácter benéfico-docente constituída o 24 de marzo de 1997 como organización non lucrativa para a promoción, desenvolvemento e apoio ao financiamento de iniciativas e actividades da UDC. Busca promover a investigación, a formación, o emprego e a transferencia de coñecemento en colaboración coa Universidade, impulsando a participación de entidades públicas e privadas.