Visita a empresa Galchimia, situada no parque empresarial de Touro, para coñecer as súas instalacións , obter unha visión xeral da empresa e dos perfís que nela traballa.
Galchimia é unha empresa de investigación especializada en sínteses orgánica sendo referente europeo en síntese química e ofertando servizos de I+D de alto valor engadido en investigación, procesos e química analítica para as industrias farmacéutica, agroquímica e biotecnolóxica.
Ademais, a empresa conta cun equipo formado por máis de 50 profesionais con ampla experiencia nas industrias farmacéutica e biotecnolóxica, CMOs e outras empresas de servizos, así como no mundo académico.